Guia docente 2013_14
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Xeoloxía: Xeoloxía
   Contidos
Tema Subtema
O proceso de cristalización Aspectos termodinámicos da nucleación e crecemento cristalino. Cinética do crecemento cristalino. Factores estruturais asociados.
Os sólidos cristalinos Estrutura cristalina. Aspectos microscópicos. Morfoloxía cristalina: aspectos macroscópicos.
Conceptos básicos de cristalografía xeométrica Periodicidade e simetría. Redes bidimensionais. Grupos de simetría puntual. Notacións de Shoenflies e Hermann-Mauguin.
Redes tridimensionais Grupos espaciais. Índices de Miller. Coordenadas fraccionarias e eixes de zona.
Cristalografía de raios X A rede recíproca. Transformada de Fourier e difracción no espazo recíproco.
Introducción as técnicas de difracción Métodos de monocristal e de po. Espectros de difracción de raios X: Lei de Bragg. Esfera de Ewald. Factor de estrutura. O problema da fase.
Interpretación de espectros de difracción Análise de diagramas de difracción de po. Determinación estrutural mediante microscopia electrónica de alta resolución (HREM). Métodos de caracterización de materiais non cristalinos.
Algunhas aplicacións das técnicas de difracción Caracterización de materiais cerámicos e aliaxes. Determinación da estrutura de proteínas. Análise textural de materiais amorfos e mostras biolóxicas. Seguimento en tempo real de transicións de fase.
Exemplos de formación de cristais en medios naturais Biomineralización. Ambientes evaporíticos. Modelos de predicción de precipitación de fases cristalinas.
Xeocronoloxía Isótopos radiactivos. Estabilidade nuclear. Mecanismos de descomposición. Vida media. Sistemas de datación temporal: K-Ar, Rb-Sr, Sm-Nd, U-Th-Pb, 14C. Outros métodos de datación: pegadas de fisión
Isótopos estables en Xeoloxía Relación isotópica. Factores que determinan o fraccionamento isotópico. Aplicacións como marcadores cinéticos e termodinámicos de procesos xeoquímicos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000