A materia é de tipo presencial. Calquera ausencia deberá ser axeitadamente xustificada e no caso contrario levará asociada unha penalización na avaliación final. En calquera caso, será precisa unha asistencia mínima do 75% a todas as actividades docentes. Ausencias superiores ao 25% levarán consigo unha avaliación de suspenso na acta final. Considérase non presentado aquel estudante que non realice ningunha das actividades a desenvolver durante o curso. Celebrarase unha proba curta no medio do cuadrimestre e outra ao final do mesmo. Ademais os estudantes terán que ir ao exame final. No proceso de avaliación prestarase especial atención aos aspectos derivados das competencias, especialmente aos referentes ás competencias A1, A19, e nos traballos tutelados ás B1, B12 e B14. Avaliación na convocatoria de xullo:1) Proba escrita: máximo 4 puntos. Os alumnos/as farán unha proba escrita na que poderán acadar a mesma puntuación que a establecida para a convocatoria de xuño. 2) Traballo realizado polos alumnos/as: máximo 1.5 puntos Unha vez rematado o proceso de avaliación de xuño, o profesorado proporá aos alumnos/as que non superasen a materia, a realización de boletíns de exercicios que lle permitirán acadar as competencias das que serán avaliados na convocatoria de xullo. Este traballo terá que ser entregado antes do exame oficial de esta convocatoria. 3) Puntuación acadada polos alumnos/as durante o curso: máximo 4.5 puntos Conservarase a puntuación acadada polos alumnos/as durante o curso nas cuestións formuladas nas sesións maxistrais (máximo 1.5 puntos), na resolución e entrega de problemas e/ou exercicios (máximo 2 puntos) e a derivada da realización dos traballos tutelados (máximo 1 punto) . |