Guia docente 2016_17
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas de avaliación continua nas que cada estudante deberá resolver unha serie de problemas no prazo de tempo e baixo as condicións establecidas polo profesorado. Os traballos, individuais ou en grupo, poderán ser de distintos tipos: presentación dun documento escrito, saída ao encerado, exposición oral, puzle,... 15
CB4
CE23
CT1
CT3
CT4
CT6
CT7
CT8
CT9
CT12
CT13
CT14
CT15
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final. Proba individual que se realizará ao rematar o período lectivo e que incluirá preguntas teóricas e exercicios. 80
CE22
CE29
CT3
CT6
CT7
CT9
CT12
CT13
CT14
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Exercicio práctico para avaliar a destreza no manexo e aplicación dos recursos informáticos aprendidos durante as prácticas de laboratorio. 5
CE22
CE29
CT4
CT5
CT6
CT7
CT14
 
Outros comentarios e avaliación de Xullo

Para superar a materia, a nota obtida deberá ser igual ou superior ao 50% da puntuación 
total.

As alumnas e os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade, e pretendan facelo na convocatoria de xullo, deberán 
repetir obrigatoriamente o exame final. A nota obtida durante o curso nas outras probas (probas prácticas de execución de tarefas reais e/ou simuladas, e  resolución de problemas e/ou exercicios) manterase para a convocatoria de xullo.

Calquera estudante que participe nalgunha das probas de resposta longa non poderá, en ningún 
caso, obter a cualificación de NON PRESENTADO.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal