Probas de avaliación continua nas que cada estudante deberá resolver unha serie de problemas no prazo de tempo e baixo as condicións establecidas polo profesorado. Os traballos, individuais ou en grupo, poderán ser de distintos tipos: presentación dun documento escrito, saída ao encerado, exposición oral, puzle,...
45
A4
C23
D1 D3 D4 D6 D7 D8 D9 D12 D13 D14 D15
Presentacións/exposicións
Exposición pública por parte do alumnado dun tema sobre contidos da materia ou de resultados dun traballo, exercicio, proxecto,...
10
A4
C23
D1 D4 D5 D8 D9 D12 D13 D14 D15
Probas de resposta longa, de desenvolvemento
Exame final. Proba individual que se realizará ao rematar o período lectivo e que incluirá preguntas teóricas e exercicios.
40
C22 C29
D3 D6 D7 D9 D12 D13 D14
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas.
Proba práctica para avaliar a destreza no manexo e aplicación dos recursos informáticos aprendidos durante as prácticas de laboratorio.
5
C22 C29
D4 D5 D6 D7 D14
Outros comentarios sobre a Avaliación
Para superar a materia, a nota obtida deberá ser igual ou superior ao 50% da puntuación total.
As alumnas e os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade, e pretendan facelo na convocatoria de xullo, deberán repetir obrigatoriamente o exame final. A nota obtida durante o curso nas probas de avaliación continua (resolución de problemas e/ou exercicios) manterase para a convocatoria de xullo.
Calquera estudante que participe nalgunha das probas de resposta longa non poderá, en ningún caso, obter a cualificación de NON PRESENTADO.