Guia docente 2014_15
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas de avaliación continua mediante as que se avaliarán as competencias A29 e
B6. Cada estudante deberá resolver unha serie de problemas no prazo de tempo e
baixo as condicións establecidas polo profesorado. Os traballos, individuais ou en
grupo, poderán ser de distintos tipos: presentación dun documento escrito, saída
ao encerado, exposición oral, puzle,...
45
Presentacións/exposicións Exposición pública por parte do alumnado dun tema sobre contidos da materia ou de resultados dun traballo, exercicio, proxecto,... 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final. Proba para a avaliación das competencias adquiridas. Mediante esta
proba, avaliaranse as competencias A29 e B6. Realizarase ao rematar o período
lectivo e incluirá preguntas e exercicios aos que as alumnas e os alumnos
responderán organizando e presentando, de maneira extensa, os coñecementos
que teñen sobre a materia.
40
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Proba práctica para avaliar a destreza no manexo e aplicación dos recursos informáticos aprendidos durante as prácticas de laboratorio. Terá lugar durante as sesións de prácticas de informática. 5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia, a nota obtida deberá ser igual ou superior ao 50% da puntuación 
total.

As alumnas e os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade, e pretendan facelo na convocatoria de xullo, deberán
repetir obrigatoriamente o exame final. A nota obtida durante o curso nas probas de avaliación continua (resolución de problemas e/ou exercicios) manterase para a convocatoria de xullo.

Calquera estudante que participe nalgunha das probas de resposta longa non poderá, en ningún 
caso, obter a cualificación de NON PRESENTADO.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000