Guia docente 2013_14
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas de avaliación continua mediante as que se avaliarán as competencias A29 e
B6. Cada estudante deberá resolver unha serie de problemas no prazo de tempo e
baixo as condicións establecidas polo profesorado. Os traballos, individuais ou en
grupo, poderán ser de distintos tipos: presentación dun documento escrito, saída
ao encerado, exposición oral, puzle,...
50
Traballos tutelados Valoración das competencias transversais: B1, B4, B8, B12 e B14. 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final. Proba para a avaliación das competencias adquiridas. Mediante esta
proba, avaliaranse as competencias A29 e B6. Realizarase ao rematar o período
lectivo e incluirá preguntas e exercicios aos que as alumnas e os alumnos
responderán organizando e presentando, de maneira extensa, os coñecementos
que teñen sobre a materia.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia, a nota obtida deberá ser igual ou superior ao 50% da puntuación 
total.

As alumnas e os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade, e pretendan facelo na convocatoria de xullo, deberán
repetir obrigatoriamente o exame final. A nota obtida durante o curso nas probas de avaliación continua (resolución de problemas e/ou exercicios) manterase para a convocatoria de xullo.

Calquera estudante que participe nalgunha das probas de resposta longa non poderá, en ningún 
caso, obter a cualificación de NON PRESENTADO.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000