Guia docente 2013_14
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Os profesores exporán os fundamentos teóricos da materia; presentarán posibles aplicacións; formularán problemas, cuestións e exercicios; proporán tarefas e actividades con orientacións sobre os métodos e técnicas a empregar para levalas a cabo.
Resolución de problemas e/ou exercicios Nesta actividade os estudantes, ben de xeito individual ou ben en grupo, deberán resolver problemas e exercicios relacionados coa materia. O alumno terá que ser capaz de formular o modelo matemático mais convinte, aplicar a técnica axeitada para resolver cada caso, e interpretar e presentar os resultados.
Traballos tutelados Cada estudante, de xeito individual ou en grupo, elabora un documento sobre un tema ou prepara
seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Trátase
dunha actividade deseñada e levada a cabo polo equipo docente do curso para avaliar as
competencias transversais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000