Para ser avaliado o alumno ten que obter unha nota nota mínima nos distintos apartados que comprende a avaliación, esta nota mínima é de 3.5 nas probas teóricas e prácticas e na saída de campo, e de 4 na valoración das practicas de laboratorio. A asistencia a máis de dúas sesións prácticas implicará que ó alumno xa está sendo avaliado, polo tanto, a súa cualificación non poderá ser "Non Presentado". Requirese do alumnado unha conduta responsable. Non se admite ningunha forma de copia en informes, traballos ou probas. As condutas fraudulentas poderá supoñer suspender a materia durante un curso. Na segunda convocatoria a avaliación levarase a cabo do seguinte modo: Unha proba teórico-práctica na que se avaliarán os resultados da aprendizaxe do alumno: 50%. Conservarase a puntuación alcanzada polo alumno durante o curso nos seguintes apartados: seguimento do traballo de laboratorio (40%) e prácicas de campo (10%). |