Guia docente 2016_17
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Física: Física II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Na plataforma Tema poñerase a disposición do alumnado distinta información sobre a sesión maxistral.

a) Analizaranse os obxectivos específicos que se perseguen en cada tema, indicando a súa necesidade e as súas posibles aplicacións.
b) Mostrarase o xeito de acadar os obxectivos. Farase fincapé naqueles aspectos que resulten máis problemáticos e dificultosos e resolveranse distintos exemplos.
c) Propoñeranse distintas referencias bibliográficas.
Eventos docentes e/ou divulgativos Cada estudiante, de xeito individual ou en grupo, e voluntariamente, elabora un documento sobre un tema ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Trátase dunha actividade deseñada e levada a cabo polos profesores do curso.
Seminarios a) Resolveranse exercicios e problemas que estarán previamente a disposición na páxina web.
b) Aclararanse dúbidas e conceptos de difícil comprensión.
c) Propoñeranse problemas dos boletíns e probas voluntarias (de eventos docentes e/ou divulgativos) que o alumno debe resolver por sí mesmo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000