Guia docente 2012_13
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Física: Física II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Na plataforma Tema poñerase a disposición do alumnado distinta formación sobre a sesión maxistral. Os primeiros meses de curso este material tamén estará a disposición do alumnado no servizo de reprografía da facultade.

a) Analizaranse os obxectivos específicos que se perseguen en cada tema, indicando a súa necesidade e as súas posibles aplicacións.
b) Mostrarase o xeito de acadar os obxectivos. Farase fincapé naqueles aspectos que resulten máis problemáticos e dificultosos e resolveranse distintos exemplos.
c) Propoñeranse distintas referencias bibliográficas.
Traballos tutelados Cada estudante, de xeito individual ou en grupo, elabora un documento sobre un tema ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Trátase dunha actividade deseñada e levada a cabo polo equipo docente do curso para avaliar as competencias transversais.
Seminarios a) Resolveranse exercicios e problemas que estarán previamente a disposición na páxina web.
b) Aclararanse dúbidas e conceptos de difícil comprensión.
c) Organizarase o traballo realizado do portafolio.
d) Propónense problemas dos boletíns que o aluno debe resolver por sí mesmo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000