Guia docente 2013_14
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química: Química I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral En determinadas ocasións, previo aviso, o profesorado poderá dedicar a parte final da clase a pequenas probas destinadas a avaliación de conceptos explicados en clases anteriores. 20
Seminarios Ver "Resolución de problemas e/ou exercicios" 0
Resolución de problemas e/ou exercicios
Valorarase a asistencia (obrigatoria) aos seminarios, a participación nos mesmos e a resolución por parte do alumnado dunha serie de problemas e/ou exercicios propostos nun tempo e condicións establecidos polo profesorado.
20
Traballos tutelados Valoración das competencias transversais: B1, B6,B12 e B14.
10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizarase unha proba parcial (Temas 1 ao 6, 25% da nota final) e uha proba final da totalidade da materia. Aquelas e aqueles que acaden unha puntuación mínima de 4,5 puntos sobre 10 na proba parcial, poderán facer na final unicamente a parte correspondente aos temas 7 a 11. A nota mínima necesaria para aprobar a materia deberá ser de 4,5 puntos sobre 10 na proba final ou na media das partes. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En todos os traballos e exercicios presentados avaliaranse as competencias transversais B1 e B6.

Considerase non presentadas as persoas que non realicen ningunha das actividades a desenvolver durante o curso.

Convocatoria de Xullo:



  • Mantense a puntuación acadada no curso en cada un dos apartados excepto as correspondentes as probas parcial y final.


  • Realizarase unha proba final de toda a materia (50% do valor da nota global). Nesta proba será necesario obter unha puntuación mínima de 4,5 puntos sobre 10 para superar a materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000