Seminarios |
Cada semana dedicarase unha hora á resolución, por parte do alumnado, dalgúns dos problemas ou exercicios propostos relacionados coa materia. Alguns destes exercicios ou algún outro propostono seminario deberán ser entregados á profesora cando finalice a clase. Ademais da resolución correcta dos problemas valorarase o adecuado uso da língua e o manexo das matemáticas, incluíndo a análise de erros, a correcta estimación de ordes de magnitude,o uso de unidades e os modos de presentación de datos. |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Periodicamente deixaranse na plataforma Tem@ boletíns de problemas, xunto con información bibliográfica e material empregado na sesión maxistral. Estes boletíns de problemas deberán ser resoltos polos estudantes, coa axuda, no caso de ser precisa, do profesorado, ben nos seminarios, ben nas titorías personalizadas. Estes boletíns poderan ser entregados nas datas fixadas ao efecto si a profesora o solicitase.Ademais da resolución correcta dos problemas valorarase o adecuado uso da língua e o manexo das matemáticas, incluíndo a análise de erros, a correcta estimación de ordes de magnitude,o uso de unidades e os modos de presentación de datos. |
Traballos tutelados |
Cada estudante, de xeito individual ou en grupo, elabora un documento sobre un tema ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Trátase dunha actividade deseñada e levada a cabo polo equipo docente do curso para avaliar as competencias transversais.
|