Guia docente 2016_17
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química: Química I
   Competencias
Código Descrición
A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
C1 Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: aspectos principais da terminoloxía química, nomenclatura, conversións e unidades
C2 Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: tipos de reacción química e as súas principais características asociadas
C19 Aplicar os coñecementos e a comprensión á resolución de problemas cuantitativos e cualitativos de natureza básica
D1 Comunicarse de forma oral e escrita en polo menos unha das linguas oficiais da Universidade
D3 Aprender de forma autónoma
D6 Manexar as matemáticas, incluíndo aspectos tales como análise de erros, estimacións de ordes de magnitude, uso correcto de unidades e modos de presentación de datos
D7 Aplicar os coñecementos teóricos á práctica
D9 Traballar de forma autónoma
D12 Planificar e administrar adecuadamente o tempo
D13 Tomar decisións
D14 Analizar e sintetizar información e obter conclusións
D15 Avaliar de modo crítico e construtivo o entorno e a si mesmo
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000