Guia docente 2012_13
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios
Probas de avaliación continua mediante as que se avaliarán as competencias A29 e B6. Cada estudante deberá resolver unha serie de problemas no prazo de tempo e baixo as condicións establecidas polo profesorado. Os traballos, individuais ou en grupo, poderán ser de distintos tipos: presentación dun documento escrito, saída ao encerado, exposición oral, puzle,...
50
Traballos tutelados Valoración das competencias transversais: B1, B4, B7, B8, B13 e B14. 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final. Proba para a avaliación das competencias adquiridas. Mediante esta proba, avaliaranse as competencias A29 e B6. Realizarase ao rematar o período lectivo e incluirá preguntas e exercicios aos que as alumnas e os alumnos responderán organizando e presentando, de maneira extensa, os coñecementos que teñen sobre a materia. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia, a nota obtida deberá ser igual ou
superior ao 50% da puntuación total.

As alumnas e os alumnos que non superen a materia en xaneiro, e pretendan facelo na convocatoria de xullo, deberán repetir obrigatoriamente o exame final. A nota obtida durante o curso nas probas de avaliación continua
(Resolución de problemas e/ou exercicios) manterase para a convocatoria
de xullo.

Calquera estudante que  participe nunha das dúas  probas de resposta longa realizadas ao rematar o período lectivo (en xaneiro ou, de ser o caso, en xullo) non poderá, en ningún
caso, obter a cualificación de NON PRESENTADO.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000