Guia docente 2014_15
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química, física e bioloxía: Laboratorio integrado I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio O profesor realizará un seguimento, a través de cuestionarios e do caderno elaborado, do traballo experimental realizado polo alumno nas sesións de laboratorio. Dado que é unha materia de tipo experimental é obrigatoria a asistencia ás sesións de laboratorio. Se o número de ausencias (aínda sendo xustificadas) é superior a 6 supoñerá suspender a materia. 40
Probas de resposta curta Unha vez rematadas todas as sesións prácticas realizaráse unha proba escrita (de resposta breve) relativa a aspectos concretos das operacións realizadas no laboratorio. A data da proba publicaráse con antelación. 20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizaráse unha proba práctica (unha sesión de laboratorio) que permitirá avaliar as competencias e destrezas adquiridas polo alumno. A devandita proba será realizada de forma independente para cada grupo de prácticas. Esta proba levaráse a cabo o día establecido no calendario oficial de avaliacións. 30
Informes/memorias de prácticas Por requerimento do profesor ou profesores, o alumno elaborará informes de prácticas que reflictan o traballo desenvolvido no laboratorio. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Á asistencia a máis de dúas sesións de laboratorio implica que o alumno xa está sendo avaliado, polo que, a súa cualificación na acta non poderá ser non presentado.

É
necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 en cada un dos apartados da avaliación pra poder facer media; no apartado "informes" será necesario, asemesmo, obter
unha nota mínima de 4 sobre 10 nos informes das materias de cada unha das
áreas que os avalíen; todo o anterior aplicaráse tamén a segunda convocatoria.
No caso de non superar a materia, a cualificación na acta será a nota ponderada da proba práctica de laboratorio.

Na
segunda convocatoria a avaliación levaráse a cabo do seguinte modo:

Conservaráse
a puntuación acadada polo alumno durante o curso no apartado "prácticas de
laboratorio" (40%), non recuperable.

No
caso de non haber obtido a nota mínima esixida nalgún dos restantes apartados
poderánse recuperar os seguintes:

1)
"Proba de resposta curta" (20%); a data do examen será a que fixe o calendario oficial.

2)
"Proba práctica" (30%); a data do examen será a que fixe o
calendario oficial.

3)
"Informes de prácticas" (10%); entregaránse con antelación a data oficial do
examen dacordo cas indicacións do profesorado.

A
cualificación final será a suma das notas de todos os apartados sempre que se superen
os mínimos esixidos. De non ser o caso, a cualificación que figurará na acta
será a nota ponderada da proba práctica (dita nota non poderá ser inferior a da primeira
convocatoria).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000