Guia docente 2013_14
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química, física e bioloxía: Laboratorio integrado I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio O profesor realizará un seguimento do traballo experimental realizado polo alumno nas sesións de laboratorio, así como do caderno elaborado. Dado que é unha materia de tipo experimental é obrigatoria a asistencia ás sesións de laboratorio. Se o número de ausencias (aínda sendo xustificadas) é superior a 6 supoñerá suspender a materia.Nesta parte avaliaránse as competencias da materia: A25, A26. 40
Traballos tutelados Valoración das competencias transversais: B1, B4, B7 y B14. 10
Probas de resposta curta Realizaráse unha proba escrita (de resposta breve) relativa a aspectos concretos das operacións realizadas no laboratorio. 15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizarase unha proba práctica (unha sesión de laboratorio) que permitirá avaliar as competencias e destrezas adquiridas polo alumno. A devandita proba será realizada de forma independente para cada grupo de prácticas. Esta proba levaráse a cabo o día establecido no calendario oficial de avaliacións. 25
Informes/memorias de prácticas Por indicación do profesor ou profesores, o alumno elaborará un informe de prácticas que reflicta o traballo desenvolvido no laboratorio. Neste apartado avaliaranse as competencias B1 e B14. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Á asistencia a máis de dúas sesións de laboratorio implica que o alumno xa está sendo avaliado, polo que, a súa calificación na acta , non poderá ser non presentado.


É necesario ter unha nota mínima (3,5 sobre 10) en cada un dos apartados da avaliación (excepto en traballos tutelados) para superar a materia; no apartado "Informes" será necesario, tamén, obter unha nota mínima de 3,5 sobre 10  nos informes das materias de cada unha das áreas que os avalíen; isto tamén se aplicará  a segunda convocatoria. No caso de non superar a materia, a calificación na acta será a correspondente ás probas escritas e de laboratorio.


Na segunda convocatoria a avaliación levaráse a cabo do seguinte modo:


Unha proba teórica (15%)-práctica (25%) na que se avaliarán os resultados do aprendizaxe do alumno: 40%


Conservaráse a puntuación acadada polo alumno durante o curso nos seguintes apartados: seguimento do traballo de laboratorio (40%), informe de prácticas (10%) e actividades tuteladas (10%).


No caso de que o alumno non superase a materia na primeira convocatoria, entre outros, por non acadar a nota mínima necesaria no apartado "Informes", deberá presentar novos informes na segunda convocatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000