Guia docente 2012_13
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química, física e bioloxía: Laboratorio integrado I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas de laboratorio Realizaranse experimentos de laboratorio, de forma individual, en sesións de 3,5 horas cada unha. O alumno dispoñerá dos guións de prácticas así como de material de apoio na plataforma Tem@ co fin de que poida ter coñecemento previo dos experimentos a realizar. Durante o desenvolvemento das prácticas o alumno elaborará un caderno de laboratorio no que deberá anotar todas as observacións relativas ao experimento realizado. Poderá tamén elaborar un informe de prácticas a petición do profesor.
Sesión maxistral Ao inicio de cada sesión de laboratorio, o profesor fará unha exposición dos contidos a desenvolver polos alumnos.
Traballos tutelados Cada estudante, de xeito individual ou en grupo, elabora un documento sobre un tema ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Trátase dunha actividade deseñada e levada a cabo polo equipo docente do curso para avaliar as competencias transversais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000