Código |
Descrición |
A19 |
Aplicar os coñecementos e a comprensión á resolución de problemas cuantitativos e cualitativos de natureza básica |
A25 |
Manexar con seguridade sustancias químicas, considerando as súas propiedades físicas e químicas, incluíndo a valoración de calquera risco específico asociado co seu uso |
A27 |
Monitorizar, mediante observación e medida de propiedades físicas e químicas, acontecementos ou cambios e documentalos e rexistralos de xeito sistemático e fiable |
A29 |
Demostrar habilidades para os cálculos numéricos e a interpretación dos datos experimentais, con especial énfase na precisión e a exactitude |
B1 |
Comunicarse de forma oral e escrita en polo menos unha das linguas oficiais da Universidade |
B4 |
Procurar e administrar información procedente de distintas fontes |
B5 |
Utilizar as tecnoloxías da información e das comunicacións e manexar ferramentas informáticas básicas |
B6 |
Manexar as matemáticas, incluíndo aspectos tales como análise de erros, estimacións de ordes de magnitude, uso correcto de unidades e modos de presentación de datos |
B7 |
Aplicar os coñecementos teóricos á práctica |
B8 |
Traballar en equipo |
B9 |
Traballar de forma autónoma |
B12 |
Planificar e administrar adecuadamente o tempo |
B14 |
Analizar e sintetizar información e obter conclusións |
B15 |
Avaliar de modo crítico e construtivo o entorno e a si mesmo |