Educational guide 2012_13
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Física: Física I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Convocatoria de febreiro: Resolver problemas e outras tarefas realizadas nos seminarios. 15%
Traballos tutelados Permitirán comprobar as competencias transversais. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliación de febreiro:
a) Tres probas escritas. As cualificacións destas probas manteranse ata o exame final de febreiro.
b) En febreiro, os alumnos poderán repetir as probas que non superasen ou aquelas nas que desexen obter unha cualificación maior.
60
Probas de resposta curta Convocatoria de febreiro:
a) Tres probas escritas. As cualificacións destas probas manteranse ata o exame final de febreiro.
b) En febreiro, os alumnos poderán repetir as probas que non superasen ou aquelas nas que desexen obter unha cualificación maior.
15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cando o estudante se presente a unha das tres probas de
resolución de problemas e/ou exercicios, a súa cualificación  será numérica e
non poderá figurar como "Non Presentado". 

Convocatoria de xullo:

a) Exame escrito para recuperar dúas das tres probas que non se superaron en febreiro (máximo 50%).

b) A cualificación das tarefas realizadas nos seminarios manterase. Se o alumno non superou esta parte da avaliación, deberá aprobar as tarefas que se lle asignarán nunha entrevista persoal no despacho do docente. As entrevistas terán lugar no mes de febreiro, cando se coñeza a cualificación final dos estudantes.

Os criterios de avaliación da convocatoria de xullo serán os mesmos que na de febreiro.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000