Guia docente 2016_17
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Física: Física I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminarios a) Os exercicios e problemas serán resoltos, polos estudantes ou polo profesor. As follas de problemas estarán dispoñibles coa suficiente antelación .
b) As dúbidas trataranse e aclararanse en tutorías de grupo.
c) As distintas tarefas que os estudantes deben realizar, individualmente ou en grupo, estarán programadas.
d) As distintas tarefas que os estudantes deban realizar serán obxecto de avaliación.
Sesión maxistral Os estudantes poderán obter información sobre as clases na plataforma web Tema.
a) Analizaremos os obxectivos específicos de cada tema. Indicaranse as súas necesidades e posibles aplicacións.
b) Indicarase a forma de alcanzar obxectivos. A énfase poñerase naqueles aspectos que resulten máis problemáticos e difíciles. Resolveranse distintos exemplos.
c) En caso necesario propoñeranse referencias bibliográficas.
Presentacións/exposicións Os estudantes, de forma individual ou en grupo, realizarán diferentes actividades.
Con obxecto de que os estudantes teñan unha idea clara dos obxectivos a alcanzar e do material dispoñible daráselles información con suficiente antelación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000