Guia docente 2014_15
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Física: Física I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminarios a) Os exercicios e problemas serán resoltos, fundamentalmente, polos estudantes. As follas de problemas estarán dispoñibles coa suficiente antelación (ben sexa na páxina web ou imprimidas).
b) As dúbidas e os conceptos difíciles trataranse e aclararanse.
c) As distintas tarefas que os estudantes deben realizar estarán programadas.
d) As distintas tarefas que os estudantes deban realizar serán obxecto de avaliación.
Sesión maxistral Os estudantes poderán obter información sobre as clases na plataforma web Tema. Durante os primeiros meses do curso, este material tamén estará dispoñible de forma impresa.
a) Analizaremos os obxectivos específicos de cada tema. Indicaranse as súas necesidades e posibles aplicacións.
b) Indicarase a forma de alcanzar obxectivos. A énfase poñerase naqueles aspectos que resulten máis problemáticos e difíciles. Resolveranse distintos exemplos.
c) Propoñeranse unha serie de referencias bibliográficas.
Traballos tutelados a) As actividades guiadas realizaranse de forma individual ou en grupos.
b) Para que os estudantes teñan unha idea clara de cales son os obxectivos que deben alcanzar e de que material dispoñen, a información sobre este tema proporcionarase coa antelación necesaria.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000