Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias do Mar
Máster Universitario en Oceanografía
 Materias
  Procesos Xeolóxicos en Márxenes e Concas Oceánicas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Consiste na exposición de contidos por parte do profesor, análise de competencias, explicación e demostración de capacidades, habilidades e coñecementos na aula, utilizando como metodoloxía a clase maxistral participativa e na que a función do profesor é explicar os fundamentos teóricos da materia.
Saídas de estudo/prácticas de campo Sesión de traballo en grupo en prácticas de campo, baixo a supervisión do profesor, posibilitando a construción significativa do coñecemento a través da interacción e actividade do alumno e o seu contacto coa realidade onde debe aplicar os seus coñecementos.
Farase un percorrido polos afloramentos Neógenos de varias concas sedimentarias do sueste peninsular no que hai magníficos exemplos de medios sedimentarios mariños fósiles, que inclúen plataformas carbonatadas, turbiditas, evaporitas, arrecifes, sedimentación peláxica, etc.
Presentacións/exposicións Realización e exposición individual sobre un tema da materia. O profesor presenta os obxectivos, orienta e titoriza o traballo, con participación compartida cos alumnos. Esta metodoloxía leva implícita unha carga de traballo non presencial significativamente superior ás actividades sinaladas anteriormente.
Traballos tutelados Sesións de traballo en grupo orientadas polo profesor, cuxa finalidade é a procura de datos ou información en bibliotecas, bases de datos, Internet, etc.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000