Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias do Mar
Máster Universitario en Oceanografía
 Materias
  Reactividade Química no Océano
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas en aulas de informática Os alumnos realizarán un traballo sobre modelización xeoquímica con obxecto de avaliar a capacidade de saber utilizar dos programas informáticos empregados. 20 A1
A4
B2
B5
C1
C4
D1
D4
Prácticas de laboratorio Avaliarase a actitude de traballo durante a sesión do laboratorio (5%) así como o informe de prácticas que será avaliado de acordo a uns criterios que se mostrarán en forma de rúbrica na plataforma TEMA. 20 A1
A4
B5
C1
C4
D1
D4
Traballos tutelados Os alumnos en grupo presentarán unha memoria de traballo que será avaliado de acordo a uns criterios que se mostrarán en forma de rúbrica na plataforma TEMA. 15 A1
A4
B2
B5
C1
C4
D1
D4
Presentacións/exposicións Os alumnos en grupo realizarán unha exposición do traballo tutelado realizado e que se avaliará de acordo a uns criterios que se mostrarán en forma de rúbrica na plataforma TEMA. 5 A4
C4
D1
Probas de resposta curta O alumno terá que responder de maneira sucinta a unhas cuestións nas que se avaliará a capacidade de comprender e relacionar os conceptos aprendidos durante a materia. 40 A1
A4
B2
B5
C1
C4
D1
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia, todas e cada unha das partes que compoñen a materia deben ser superadas cunha cualificación mínima de 5 puntos.
No caso de que a proba de resposta curta non alcance a nota mínima, repetirase o exame na convocatoria de xullo.
No caso de que non se alcance a nota mínima nas "prácticas de laboratorio", "prácticas en aulas de informática", "traballos tutelados" e/ou "presentacións/exposicións", presentaranse novamente os traballos nos prazos que o profesorado da materia estime oportuno.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000