Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
  A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
  A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
  A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Sinale B Código Coñecementos
Sinale C Código Habilidades
  C1 Coñecer vocabulario, códigos e conceptos inherentes ao ámbito científico oceanográfico
  C2 Coñecer e comprender os feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coa oceanografía
  C3 Comprensión crítica da historia e do estado actual das Ciencias do Mar
  C4 Coñecer as técnicas básicas de mostraxe na columna de auga, organismos, sedimentos e fondos, así como de medida de variables dinámicas e estruturais
  C5 Coñecemento básico da metodoloxía de investigación en oceanografía
  C6 Capacidade para identificar e entender os problemas relacionados coa oceanografía
  C7 Coñecer as técnicas básicas da economía de mercado aplicada aos recursos mariños
  C8 Comprender os principios das leis que regulan a utilización do medio mariño e os seus recursos
  C9 Coñecer as Institucións e Organismos públicos e privados, nacionais e internacionais relacionados coas Ciencias do Mar
  C10 Coñecer a problemática e os principios básicos da sustentabilidade en relación coa utilización e explotación do medio mariño
  C11 Planificar usos do litoral e do medio mariño e xestión sustentable dos recursos
  C12 Manexar técnicas instrumentais aplicadas ao mar
  C13 Tomar datos oceanográficos, avalialos, procesalos e interpretalos con relación ás teorías en uso
  C14 Recoñecer e analizar novos problemas e propoñer estratexias de solución
  C15 Recoñecer e implementar boas prácticas científicas de medida e experimentación, tanto en campaña como en laboratorio
  C16 Planificar, deseñar e executar investigacións aplicadas desde a etapa de recoñecemento ata a avaliación de resultados e descubrimentos
  C17 Saber traballar en campañas e en laboratorio de xeito responsable e seguro, fomentando as tarefas en equipo
  C18 Transmitir información de forma escrita, verbal e gráfica para audiencias de diversos tipos
  C19 Caracterizar, clarificar e cartografar fondos mariños, subsolos mariños e áreas litorais
  C20 Buscar e avaliar recursos de orixe mariña, de diversas clases
  C21 Xerir áreas mariñas e litorais protexidas
  C22 Controlar problemas de contaminación mariña
  C23 Deseñar, controlar e xerir centros de recuperación de especies mariñas ameazadas
  C24 Participar e realizar programas de formación e divulgación sobre os medios mariño e litoral
  C25 Participar e asesorar en investigacións sobre clima mariño
  C26 Planificar, dirixir e redactar informes técnicos sobre cuestións mariñas
  C27 Comprender os detalles do funcionamento de empresas vinculadas ao medio mariño, recoñecer problemas específicos e propoñer solucións
  C28 Impartir docencia no ámbito científico nos diferentes niveis educativos
  C29 Destreza no uso práctico de modelos, incorporando novos datos para a validación, mellora e evolución dos mesmos
  C30 Identificar e avaliar impactos ambientais no medio mariño
  C31 Capacidade para desenvolverse e entenderse nas institucións públicas e privadas, nacionais e internacionais do ámbito das Ciencias do mar
  C32 Control de calidade de alimentos mariños
  C33 Control de pesqueiras
  C34 Deseñar, controlar e xerir plantas de produción acuícola
  C35 Control de calidade de augas en plantas depuradoras
  C36 Acuarioloxía
  C37 Asesoría ou asistencia técnica en temas relacionados co tema mariño e litoral
  C38 Usos técnicos de enerxía renovables
Sinale D Código Competencias
  D1 Capacidade de análise e síntese
  D2 Capacidade de organización e planificación
  D3 Comunicación oral e escrita nas linguas oficiais da Universidade
  D4 Habilidades básicas do manexo do ordenador, relacionadas co ámbito de estudo
  D5 Habilidade na xestión da información (procura e análise da información)
  D6 Resolución de problemas
  D7 Toma de decisións
  D8 Capacidade de traballar nun equipo
  D9 Capacidade crítica e autocrítica
  D10 Compromiso ético
  D11 Capacidade de aprender de forma autónoma e continua
  D12 Capacidade para adaptarse a novas situacións
  D13 Capacidade de xerar novas ideas (creatividade)
  D14 Iniciativa e espírito emprendedor
  D15 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
  D16 Habilidades de investigación
  D17 Sensibilidade cara a temas ambientais
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000