Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe Específicas
  A1 Comprensión crítica da historia e do estado actual das Ciencias do Mar
  A2 Coñecer vocabulario, códigos e conceptos inherentes ao ámbito científico oceanográfico
  A3 Coñecer e comprender os feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coa oceanografía
  A4 Coñecer as técnicas básicas de mostraxe na columna de auga, organismos, sedimentos e fondos, así como de medida de variables dinámicas e estruturais
  A5 Coñecemento básico da metodoloxía de investigación en oceanografía
  A6 Capacidade para identificar e entender os problemas relacionados coa oceanografía
  A7 Coñecer as técnicas básicas da economía de mercado aplicada aos recursos mariños
  A8 Comprender os principios das leis que regulan a utilización do medio mariño e os seus recursos
  A9 Coñecer as Institucións e Organismos públicos e privados, nacionais e internacionais relacionados coas Ciencias do Mar
  A10 Coñecer a problemática e os principios básicos da sustentabilidade en relación coa utilización e explotación do medio mariño
  A11 Planificar usos do litoral e do medio mariño e xestión sustentable dos recursos
  A12 Manexar técnicas instrumentais aplicadas ao mar
  A13 Tomar datos oceanográficos, avalialos, procesalos e interpretalos con relación ás teorías en uso
  A14 Recoñecer e analizar novos problemas e propoñer estratexias de solución
  A15 Recoñecer e implementar boas prácticas científicas de medida e experimentación, tanto en campaña como en laboratorio
  A16 Planificar, deseñar e executar investigacións aplicadas desde a etapa de recoñecemento ata a avaliación de resultados e descubrimentos
  A17 Saber traballar en campañas e en laboratorio de xeito responsable e seguro, fomentando as tarefas en equipo
  A18 Transmitir información de forma escrita, verbal e gráfica para audiencias de diversos tipos
  A19 Caracterizar, clarificar e cartografar fondos mariños, subsolos mariños e áreas litorais
  A20 Buscar e avaliar recursos de orixe mariña, de diversas clases
  A21 Xerir áreas mariñas e litorais protexidas
  A22 Controlar problemas de contaminación mariña
  A23 Deseñar, controlar e xerir centros de recuperación de especies mariñas ameazadas
  A24 Participar e realizar programas de formación e divulgación sobre os medios mariño e litoral
  A25 Participar e asesorar en investigacións sobre clima mariño
  A26 Planificar, dirixir e redactar informes técnicos sobre cuestións mariñas
  A27 Comprender os detalles do funcionamento de empresas vinculadas ao medio mariño, recoñecer problemas específicos e propoñer solucións
  A28 Impartir docencia no ámbito científico nos diferentes niveis educativos
  A29 Destreza no uso práctico de modelos, incorporando novos datos para a validación, mellora e evolución dos mesmos
  A30 Identificar e avaliar impactos ambientais no medio mariño
  A31 Capacidade para desenvolverse e entenderse nas institucións públicas e privadas, nacionais e internacionais do ámbito das Ciencias do mar
  A32 Control de calidade de alimentos mariños
  A33 Control de pesqueiras
  A34 Deseñar, controlar e xerir plantas de produción acuícola
  A35 Control de calidade de augas en plantas depuradoras
  A36 Acuarioloxía
  A37 Asesoría ou asistencia técnica en temas relacionados co tema mariño e litoral
  A38 Usos técnicos de enerxía renovables
Sinale B Código Resultados de Formación e Aprendizaxe Transversais
  B1 Capacidade de análise e síntese
  B2 Capacidade de organización e planificación
  B3 Comunicación oral e escrita nas linguas oficiais da Universidade
  B4 Habilidades básicas do manexo do ordenador, relacionadas co ámbito de estudo
  B5 Habilidade na xestión da información (procura e análise da información)
  B6 Resolución de problemas
  B7 Toma de decisións
  B8 Capacidade de traballar nun equipo
  B9 Capacidade crítica e autocrítica
  B10 Compromiso ético
  B11 Capacidade de aprender de forma autónoma e continua
  B12 Capacidade para adaptarse a novas situacións
  B13 Capacidade de xerar novas ideas (creatividade)
  B14 Iniciativa e espírito emprendedor
  B15 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
  B16 Habilidades de investigación
  B17 Sensibilidade cara a temas ambientais
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000