Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Xeoloxía mariña aplicada
   Competencias
Código Descrición
A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
C6 Capacidade para identificar e entender os problemas relacionados coa oceanografía
C11 Planificar usos do litoral e do medio mariño e xestión sustentable dos recursos
C13 Tomar datos oceanográficos, avalialos, procesalos e interpretalos con relación ás teorías en uso
C14 Recoñecer e analizar novos problemas e propoñer estratexias de solución
C20 Buscar e avaliar recursos de orixe mariña, de diversas clases
C26 Planificar, dirixir e redactar informes técnicos sobre cuestións mariñas
C30 Identificar e avaliar impactos ambientais no medio mariño
C37 Asesoría ou asistencia técnica en temas relacionados co tema mariño e litoral
D1 Capacidade de análise e síntese
D6 Resolución de problemas
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000