Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Xestión mariña e litoral
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Seminarios 7 seminarios de 2 horas nos que o profesor introducirá un tema e os alumnos traballarán sobre un cuestionario. Todas as cuestións que poidan xurdir tentaranse resolver ao longo dos seminarios, aínda que para a elaboración das presentacións os alumnos poden realizar as súas consultas en horario de titorías (preferentemente os mércores e xoves que non estean ocupados con clases ou solicitando hora por correo electrónico).
Sesión maxistral Exposición do temario da materia en clases dunha hora. Os alumnos poderán consultar en titorías calquera dúbida relacionada co temario en atención persoal ou por correo electrónico, sendo preferible a primeira opción.
Prácticas de laboratorio 3 sesións de 4 horas, a última delas terá lugar na aula de informática. Abordaranse temáticas aplicadas de xestión costeira, onde os alumnos deberán resolver problemas expostos durante a práctica. As dúbidas e cuestións que vaian xurdindo resolveranse durante a práctica ou nas horas de titoría (A. Bernabeu: L, M, X, 12:00 a 14:00)
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000