Saídas de estudo/prácticas de campo |
Os alumnos responderán a un cuestionario sobre aspectos relacionados coa visita á depuradora. |
5 |
Probas de resposta curta |
Ao finalizar cada tema ou bloque destes, realizaranse un exame escrito con preguntas que deberán ser contestadas con brevidade. Avaliarase a capacidade de síntese á hora de relacionar conceptos, dun modo sinxelo e comprensible. |
12.5 |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Ao finalizar cada tema ou bloque destes, realizarase un exame escrito cun ou varios exercicios sobre o cálculo da concentración utilizando un método de análise química. Avaliarase o resultado obtido, así como a claridade e o razoamento utilizado para chegar a este. |
5.0 |
Informes/memorias de prácticas |
Os alumnos presentarán un informe diario dos resultados obtidos na práctica correspondente que será convenientemente revisado e avaliado. |
1.5 |
Para aprobar a materia será necesario superar cun total de 5 puntos
sobre 10 todas e cada unha das probas realizadas. Se a nota final obtida nas probas de resposta curta, tipo test e de resolución
de problemas e/ou exercicios non alcanza os 5 puntos de media, repetiranse
estas probas nos exames finais da materia. Os informes de prácticas, traballos e proxectos que non alcancen a cualificación mínima,
terán que enviarse coas correccións oportunas no prazo que estimarán os
profesores en cada caso. A realización por parte do alumno de calquera proba das que se mostran
anteriormente será tida en conta inmediatamente para a
cualificación final e constará na acta como alumno presentado na
convocatoria correspondente. |