Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Química aplicada ao medio mariño II
   Contidos
Tema Subtema
Depuración de augas residuais Orixe e clasificación de augas residuais. Características físicas, químicas e biolóxicas das augas residuais. Funcionamento xeral dunha estación depuradora de augas residuais (EDAR). Pretratamento e tratamento primario. Tratamento secundario: sistemas aerobios e anaerobios, sistemas con biomasa en suspensión e con biomasa fixa. Tratamentos terciarios ou avanzados.
Desalación de auga de mar Tecnoloxías de desalación: procesos térmicos e procesos con membranas. Efectos ambientais.
Biotecnoloxía mariña Definición e importancia da biotecnoloxía. Esquema xeral de produción biotecnolóxica. Obtención de produtos biotecnolóxicos de orixe mariña (biocombustibles, produtos farmaceúticos, biorremediación de contaminantes)
Análise química de contaminantes na atmosfera, columna de auga, sedimentos e organismos mariños. Métodos de toma de mostra e análise directa na atmosfera. Métodos de preparación de mostra e determinación na columna de auga. Métodos de extracción, purificación e determinación de contaminantes en sedimentos e organismos mariños.
Análise de biotoxinas mariñas. Estrutura química das biotoxinas mariñas. Toxicidade das biotoxinas mariñas. Preparación da mostra. Métodos de separación e detección.
Control e garantía de calidade nas medidas. Sistemas de garantía de calidade. Validación de métodos analíticos. Ensaios de intercomparación.
Estudo e vixilancia da contaminación mariña en España Variacións temporais e espaciais da contaminación na costa española.
Avaliación integral de parámetros químicos para o estudo da contaminación mariña. Comparación de resultados analíticos coa lexislación vixente. Relación entre contaminación química e o efecto ambiental.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000