Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Oceanografía física II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral No exame final 70 A2
A3
C1
C4
C5
C6
C12
C13
C15
C38
D15
Seminarios Presentacion de informes 30 A2
A3
C1
C4
C5
C6
C12
C13
D4
D15
Resolución de problemas e/ou exercicios No exame final 0 D4
D15
Prácticas en aulas de informática Presentacion de informes 0 D4
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É necesario ter aprobados cunha cualificación mínima de 5 tanto o exame como os cuestionarios e ter presentados todos os traballos (seminarios e prácticas), para aprobar a materia. A presentación das memorias de seminarios é INDIVIDUAL, mentres que as memorias de prácticas pode ser entregadas de forma INDIVIDUAL ou GRUPAL (con grupos non superiores a 5 alumnos), sempre dentro dun prazo establecido en clase. Calquera memoria presentada fóra de prazo terán unha cualificación igual a 0. O ciclo de presentacións que se realiza en clase entra obrigatoriamente na teoría do exame.

Os cuestionarios consisten en 10 preguntas que teñen cada unha 5 opcións, cun valor dun punto cada pregunta. Só una das opcións posibles é correcta. Se dúas preguntas son respondidas de forma incorrecta réstase 1 punto ao cuestionario. Os traballos (memorias de seminarios e prácticas) considéranse aptas ou non aptas, non levan notan. Se a nota obtida por un alumno no exame final é maior que a obtida nos seminarios, figurará na acta final a nota do exame, que non se verá así diminuída pola de cuestionarios. Se a nota do exame é menor que a dos cuestionarios, calculásese unha nota final usando a proporción exame 70% cuestionarios 30%. Os cuestionarios poden repetirse, se o profesor considérao necesario, para que os alumnos poidan mellorar a súa nota, pero sempre respondendo a preguntas diferentes para un determinado tema. A nota válida final para un cuestionario será a sempre a correspondente ao último cuestionario realizado, sen medias nin outros axustes.

A valoración de cuestionarios mantense durante dous cursos académicos. Pasado ese prazo, o estudante deberá refacer os cuestionarios.

Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. 
Considérase inadmisible calquera forma de fraude (ex. copia e/ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecemento ou destreza alcanzado por un/a alumno/a en calquera tipo de proba, informe ou traballo deseñado con este propósito. Esta conduta fraudulenta será sancionada coa firmeza e rigor que establece a normativa vixente.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000