Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Oceanografía xeolóxica I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminarios Informe escrito individual sobre a actividade realizada en seminarios. Pode incluír cuestionarios. 10 A2
C1
C5
C12
C13
C15
C16
C17
D2
D3
D5
D6
D8
D15
D16
Saídas de estudo/prácticas de campo Comprende un breve resumo escrito individual ou en grupo, dependendo da natureza da saída. Nel hase de reflectir a actividade realizada nas saídas e o seu alcance. 10 A2
C1
C5
C12
C13
C15
C16
C17
D1
D2
D5
D8
D15
D16
Estudo de casos/análises de situacións Informe de grupo en que se reflicten as actividades realizados durante as prácticas, no que se incluirán obxectivos, metodoloxía, resultados e conclusións. 10 ó 20 A2
C5
C12
C13
C15
C16
D2
D5
D8
D15
D16
Sesión maxistral Será unha proba escrita individual de entre 2 e 4 horas, cuxo obxectivo será a avaliación global do proceso de aprendizaxe e a adquisición de competencias e coñecementos.
Comprenderá un ou varios dos seguintes tipos de cuestións : preguntas longas a desenvolver, preguntas curtas, preguntas de tipo test, resolución de problemas, interpretación de imaxes, mapas ou diagramas.
Requirirase un mínimo de 4 sobre 10 para poder facer media co resto de elementos de avaliación.
60 A2
A5
C1
C2
C6
C18
D1
D2
D3
D6
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Informe escrito individual sobre unha actividade adicional derivada da temática desenvolvida nas clases teóricas ou prácticas; e no que se desenvolva de forma resumida un aspecto concreto da mesma, na que os alumnos decidiu afondar por interese propio. Non ten carácter obrigatorio.
A súa execución pode chegar a un 10% da cualificación das prácticas
10 ó 0 A2
A5
C1
C2
C5
C6
C18
D1
D2
D3
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia ás saídas, seminarios e prácticas é condición indispensable para ser cualificado. 20% faltas de asistencia no conxunto das actividades da materia, ou a non asistencia a unha saída implican a non cualificación. Se unha das partes non é cualificada, a nota que se asignará será a media pura dividida por 2.

Hai que alcanzar polo menos o 40% da puntuación máxima parcial en cada un de bloques para poder compensar facendo media coa cualificación obtida nos outros bloques.

Se ningún alumno alcanza a nota media de 9, considerarase a posibilidade de celebrar unha proba adicional para subir nota, á que serán convidados como máximo os 4 alumnos con mellor cualificación que superasen o 7,5.

Se non se supera a materia, non se conserva a cualificación obtida en ningún dos bloques para o curso seguirte.

_______________________________________________________________________________________________

Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta.

Considérase inadmisible calquera forma de fraude (i.e. copia e/ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecemento ou destreza alcanzado por un/a alumno/a en calquera tipo de proba, informe ou traballo deseñado con este propósito. Esta conduta fraudulenta será sancionada coa firmeza e rigor que establece a normativa vixente.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000