Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Fisioloxía de organismos mariños
   Competencias
Código Descrición
A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
C1 Coñecer vocabulario, códigos e conceptos inherentes ao ámbito científico oceanográfico
C3 Comprensión crítica da historia e do estado actual das Ciencias do Mar
C4 Coñecer as técnicas básicas de mostraxe na columna de auga, organismos, sedimentos e fondos, así como de medida de variables dinámicas e estruturais
C5 Coñecemento básico da metodoloxía de investigación en oceanografía
C6 Capacidade para identificar e entender os problemas relacionados coa oceanografía
C12 Manexar técnicas instrumentais aplicadas ao mar
C14 Recoñecer e analizar novos problemas e propoñer estratexias de solución
C17 Saber traballar en campañas e en laboratorio de xeito responsable e seguro, fomentando as tarefas en equipo
C18 Transmitir información de forma escrita, verbal e gráfica para audiencias de diversos tipos
D1 Capacidade de análise e síntese
D2 Capacidade de organización e planificación
D3 Comunicación oral e escrita nas linguas oficiais da Universidade
D4 Habilidades básicas do manexo do ordenador, relacionadas co ámbito de estudo
D5 Habilidade na xestión da información (procura e análise da información)
D6 Resolución de problemas
D8 Capacidade de traballar nun equipo
D9 Capacidade crítica e autocrítica
D11 Capacidade de aprender de forma autónoma e continua
D13 Capacidade de xerar novas ideas (creatividade)
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000