Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Principios de microbioloxía mariña
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas de laboratorio As prácticas realizaránse no laboratorio de Microbioloxía e permitirán ao alumno aplicar e desenvolver os coñecementos adquiridos en teoría. O alumno realizará as prácticas seguindo un protocolo e empregando o material proporcionado polo profesor, que explicará e supervisará o seu traballo. A asistencia ás prácticas é obrigatoria para aprobar a materia. A cualificación das prácticas será un 28% da cualificación final.
Seminarios Realizaránse 2 seminarios de aprendizaxe colaborativa de 2 h de duración cada un, sobre temas do programa da materia. A asistencia os seminarios é obrigatoria para aprobar a materia.
A cualificación do seminario será un 12% da cualificación final.
Sesión maxistral Impartiránse clases de 50 minutos. Usaránse proxeccións en Power point. Os resumos colgados na plataforma non teñen por que recoller o 100% do explicado.
A asistencia a clase será controlada periódicamente e valorásese ata 5%. A cualificación deste apartado será un 60% da cualificación final.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000