Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Ecoloxía mariña
   Contidos
Tema Subtema
Ecoloxía e crise ambiental Ecoloxía e evolución histórica do nicho humano. Principais problemas ambientais. Límites do planeta. Integridade ecolóxica e servizos do ecosistema. Presentación da asignatura.
Reaccións bioxeoquímicas no mar Enerxía no ecosistema. Ciclos de materia alimentados por fluxos de enerxía. Diversidade metabólica da biosfera. Compartimentos, balances de masa e tempos de residencia. Oxíxeno: distribución e gradientes redox. Reaccións do carbono: acidificación. Reaccións do nitróxeno: eutrofización. Reaccións do fósforo: dinámica na interfase auga-sedimento. Reaccións do xofre: DMS e control do clima.
Fluxos de enerxía e producción biolóxica Producción primaria. Magnitudes. Control da producción primaria: eficiencia da fotosíntese, irradiancia e nutrientes. Control hidrodinámico da producción primaria: modelo de Sverdrup. Variabilidade espacial e temporal da producción primaria no medio mariño. Producción secundaria. Eficiencias. Descomposición e remineralización de materia orgánica. Producción heterotrófica microbiana.
Dinámica de población illadas Concepto de individuo e poboación. Características das poboacións. Estratexias evolutivas. Ecuación fundamental do crecemiento poboacional. Crecemento densoindependente: modelo exponencial. Crecemento densoindependente en poboacións con estructura de edade: táboas de vida, curvas de supervivencia, diagramas de Allen, matriz de Leslie. Crecemento densodependente: modelo loxístico. Variacións do modelo loxístico: retraso temporal, efecto Allee, crecemento discreto.
Interaccións entre especies Competencia interespecífica. Evidencias experimentais da competencia. Competencia e nicho ecolóxico. Modelo de competencia de Lotka e Volterra. Depredación. Respostas funcionais e numéricas. Modelo de depredación de Lotka e Volterra. Variacións do modelo de Lotka e Volterra.
Colonización e extinción Dinámica de comunidades insulares. Área, distancia e riqueza específica. Modelo do equilibrio dinámico. Efectos rescate e diana. Implicacións sobre a reducción e fragmentación de hábitats. Conceptos básicos de dinámica de metapoboaciones.
Estructura e dinámica da comunidade Diversidade, biodiversidade e riqueza específica. Equitatividade: modelos de distribución de abundancia. Índices de diversidade. Diversidade no espazo: espectros e gradientes. Topoloxía das redes tróficas. Especies chave e cascadas tróficas. Control top-down vs bottom-up.
Sucesión ecolóxica e estabilidade Cambios da comunidade no tempo: sucesión e fluctuación. Modelos explicativos da sucesión. Sucesión e diversidade. Efecto das perturbacións físicas: hipótese da perturbación intermedia. Sucesión e fluxo de enerxía. Hipótese diversidade-estabilidade. Significados de estabilidade. Estabilidade e resiliencia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000