Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Oceanografía química I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Valoraráse a resolución de problemas, exercicios e / ou problemas propostos, segundo as directrices establecidas polo profesorado en clases ou seminarios da materia.

A participación en seminarios é obrigatoria.

A cualificación neste apartado só será considerada se o alumnado alcanza polo menos un 40% da puntuación máxima para este apartado.
20 A2
A3
A4
C1
C2
C6
C18
D2
D3
Prácticas de laboratorio Valoraráse:

- O traballo realizado polos alumnos no laboratorio.
- O informe sobre as prácticas realizadas polos alumnos.
- Resolución de cuestións relacionadas co traballo realizado.

A participación nas prácticas de laboratorio é obrigatoria.

Para superar a materia, o estudante debe alcanzar polo menos o 50% da puntuación máxima posible para esta actividade.
20 A2
A3
A4
C1
C2
C6
C15
C17
C18
D2
D3
D8
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Trátase duhna proba final, na que evaluaranse as competencias adquiridas ao longo da materia, que pode incluír preguntas abertas, cuestións e problemas sobre o contido da mesma. O alumnado debe desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia.

Para superar a materia débese acadar unha cualificación mínima de 3,5 puntos (sobre 10) nesta proba.
60 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
C6
C18
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A participación dos alumnos en calquera das actividades implica a asignación dunha cualificación. Sobre este punto, considérase a participación en sesións de prácticas de laboratorio (tres ou máis), a entrega de mais do 20% dos exercicios propostos polo profesorado e a presentación á proba final.

A cualificación da materia ao final do cuadrimestre será a suma de todas os apartados que conforman a avaliación, sempre que se superen os requisitos mínimos. Se este non ser o caso, a cualificación que figurará no acta será a da proba final escrita ponderada.

A cualificación final dos alumnos aprobados poderá ser normalizada de
xeito que a cualificación mais alta poda ser de ata 10 puntos.

Convocatoria de xullo

Na convocatoria de xullo manteráse o sistema de avaliación, mantendo as notas obtidas polo alumnado na resolución de problemas e/ou cuestións durante o curso e as prácticas de laboratorio.

O alumnado que non supere a asignatura na convocatoria de fin de cuadrimestre poderá recuperar o apartado correspondente á proba escrita na convocatoria de xullo.
O alumnado fará unha proba final escrita na que se evaluarán as competencias adquiridas na materia.
Para superar a
asignatura débese alcanzar unha cualificación mínima de 3,5 puntos (sobre 10) neste apartado.

A cualificación final será a suma de todos os apartados, sempre que se superen os mínimos esixidos. De non ser o caso, a
cualificación que figurará no acta será a da proba final ponderada.

No caso de que esta cualificación sexa inferior á obtida na avaliación de fin de cuadrimestre, a cualificación que figurará
no acta será esta última.

Por último, requírese do alumnado que curse esta
materia unha conduta responsable e honesta.

Considérase inadmisible calquera
forma de fraude (i.e. copia e/ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de
coñecemento ou destreza alcanzado por un/a alumno/a en calquera tipo de proba,
informe ou traballo deseñado con este propósito. Esta conduta fraudulenta será
sancionada coa firmeza e rigor que establece a normativa vixente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000