Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Xeoloxía: Xeoloxía II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentaráselle ao alumno a maneira na que se impartirán as clases, a forma de avaliación, as saídas de campo, as clases prácticas e os seminarios. Repartirase o temario, así como o material necesario para as clases prácticas e seminarios.
Sesión maxistral Exporánselle ao alumno os contidos teóricos que serán avaliados nun exame final.
Seminarios Utilizarase a proxección estereográfica para representar datos de estruturas xeolóxicas. traballos prácticos sobre temas concretos. Ademais, encherá uns cuestionarios despois de visionar dous vídeos sobre a orixe, estrutura e composición do Planeta Terra.
Prácticas de laboratorio Aprenderá a desenvolverse con mapas e cartografías xeolóxicas. Ademais, o alumno aprenderá a recoñecer os tipos de rochas ígneas e metamórficas máis comúns na natureza.
Saídas de estudo/prácticas de campo O alumno aprenderá a manexar o compás xeolóxico, recoñecer rochas e estruturas xeolóxicas no campo, as súas implicacións en termos dos procesos internos, e as súas consecuencias aplicadas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000