Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas en aulas de informática Proba na que o alumnado debe resolver algúns exercicios empregando o programa informático utilizado na aula. 10 A4
A5
C14
C28
D4
Obradoiros Participacion en todas as actividades, fundamentalmente de grupo, propostas polo profesorado, sexan estas para realizar dentro ou fóra da aula. 10 A4
A5
C14
C18
C28
D8
Probas de resposta curta Durante o curso realizaranse probas parciais con preguntas tipo test e/ou de resposta curta. 20 A4
C18
D15
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Ó finalizar o curso realizaráse unha proba final a desenvolver preguntas teóricas e exercicios que poderán ser tipo test, de resposta curta e/ou de forma extensa sobre os coñecementos adquiridos da materia. Será requisito imprescincible superar en un 30% a cualificación desta proba 40 A4
A5
C14
C18
C28
D15
Resolución de problemas e/ou exercicios Exposición ou entrega na aula nas que o estudantado debe solucionar unha serie de problemas baixo as condicións e o tempo establecidos polo profesor. 20 A4
A5
C18
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para aprobar a materia, será requisito imprescindible superar o 30% da cualificación da proba final, ademáis de acadar na suma das cualificacións de todos os apartados o 50% da cualificación. Calquera estudante que, durante o curso, participe en probas de avaliación de dous ou máis temas do programa non poderá, en ningún caso, obter a cualificación de NON PRESENTADO.

Calquera estudante que non supere a materia en xuño, e pretenda facelo en xullo, manterá as cualificacións obtidas durante o curso en cada unha das probas de avaliación realizadas, salvo as probas parciais (que poderá compensar coa nota do exame final) e a proba final que deberá repetir obrigatoriamente.

Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. 

Considérase inadmisible calquera forma de fraude (i.e. copia e/ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecemento ou destreza alcanzado por un/a alumno/a en calquera tipo de proba, informe ou traballo deseñado con este propósito. Esta conduta fraudulenta será sancionada coa firmeza e rigor que establece a normativa vixente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000