Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Xeoloxía: Xeoloxía I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminarios Contempla a entrega das preguntas ou resolución dos exercicios expostos nos seminarios.
10 C1
C6
C18
D3
D15
Saídas de estudo/prácticas de campo Valórase a asistencia aos percorridos de campo programados, e a correspondente presentación dun informe ou cuestionario sobre os contidos avaliados na saída. 5 A3
A5
C2
C5
C6
D3
D15
Informes/memorias de prácticas Cualificarase a asistencia e a realización correcta das prácticas de laboratorio que teñan un carácter obrigatorio. 10 A5
C5
C17
D15
Probas de tipo test Comprende as respostas dos cuestionarios da plataforma TEMA 5 A5
C1
C2
C3
Probas de resposta curta Realizaranse nun único exame ao final do curso. Pode contemplar calquera aspecto do temario visto tanto en clases teóricas como prácticas ou seminarios 70 A3
C1
C2
C3
C18
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os cuestionarios da plataforma TEMA son obrigatorios. As prácticas e seminarios son obrigatorias. A nota mínima do exame teórico deberá de ser de 3,5 para poder compensar coas outras notas obtidas en prácticas e seminarios. Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia e/ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecemento ou destreza alcanzado por un/a alumno/a en calquera tipo de proba, informe ou traballo deseñado con este propósito. Esta conduta fraudulenta será sancionada coa firmeza e rigor que establece a normativa vixente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000