Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Química: Química I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Puntúase aquí xunto co esforzo e a actitude, as destrezas e as competencias desenvolvidas polo alumno durante a realización das distintas prácticas.
A asistencia as sesións de prácticas é obrigatoria e, polo tanto, non é posible aprobar a materia no caso de non terse realizado.
Resultados de Aprendizaxe:
- Definir enerxía interna, calor, traballo, entalpía, entalpía estándar, calirimetría, calor de disolución e calor de reacción, e saber como se calculan.
- Definir pH e pOH, constante de acidez/basicidade, constante de hidrólisis, e saber como se calculan.
- Coñecer as disolucións reguladoras e os distintos tipos de reaccións ácido-base e saber empregalas.
- Definir velocidade de reacción e ecuación de velocidade, e saber empregalas.
- Coñecer e saber empregar os principais métodos de análise de datos cinéticos.
- Calcular o efecto da temperatura na velocidade das reaccións químicas.
15 A1
A5
C12
C15
C17
D6
D15
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realización dunha proba escrita global ao final do cuadrimestre, na data fixada pola Xunta de Facultade.
Ademais, durante o cuadrimestre, na data fixada previamente, realizarase unha proba parcial optativa e de carácter liberatorio. Aqueles alumnos que acaden unha cualificación igual ou superior a 4,0 (sobre 10) na proba parcial non terán que examinarse (se así o desexan) desa parte da materia na proba global, realizando unicamente nesa data un exame do segundo parcial..
Resultados de Aprendizaxe:
- Todos os incluídos na materia.
65 A1
A5
C1
C2
D6
D15
Informes/memorias de prácticas Teranse en conta os aspectos formais relativos á organización, uso correcto das unidades, confección correcta das gráficas e exposición dos resultados. Valorarase tamén a análise crítica destes e a obtención de conclusións
Resultados de Aprendizaxe:
- Definir enerxía interna, calor, traballo, entalpía, entalpía estándar, calirimetría, calor de disolución e calor de reacción, e saber como se calculan.
- Definir pH e pOH, constante de acidez/basicidade, constante de hidrólisis, e saber como se calculan.
- Coñecer as disolucións reguladoras e os distintos tipos de reaccións ácido-base e saber empregalas.
- Definir velocidade de reacción e ecuación de velocidade, e saber empregalas.
- Coñecer e saber empregar os principais métodos de análise de datos cinéticos.
- Calcular o efecto da temperatura na velocidade das reaccións químicas.
5 A1
A5
C1
D6
D15
Resolución de problemas e/ou exercicios Ademais dos boletíns de problemas, ó rematar cada tema (ou grupo de temas), propoñeranse uns "Exercicios Avaliables" que os alumnos deberán resolver de forma autónoma e entregar ao profesor no prazo previamente fixado.
Resultados de Aprendizaxe:
- Todos os incluídos na materia.
15 A1
A5
C2
D6
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta.

Considérase inadmisible calquera forma de fraude (i.e. copia e/ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecemento ou destreza alcanzado por un/a alumno/a en calquera tipo de proba, informe ou traballo deseñado con este propósito. Esta conduta fraudulenta será sancionada polo centro coa firmeza e rigor que establece a normativa vixente.


Para superar a materia é requisito imprescindible acadar unha cualificación mínima de 4,0 puntos sobre 10 na proba longa (ou en cada unha das probas parciais). No caso de non acadar a devandita puntuación a cualificación que se reflectirá na acta será unicamente a cualificación deste exame, non contabilizándose ningún dos demais apartados.


Para superar a materia é necesario acadar unha nota mínima de 5,0 na cualificación global (suma ponderada da proba longa (65%), as prácticas de laboratorio (15%), os informes de prácticas (5%) e os "Exercicios Avaliables" (15%)).


A realización da proba parcial, ou da proba longa, ou a realización das prácticas de laboratorio, implicará a condición de "presentado" e, polo tanto, a asignación dunha cualificación de acordo co recollido nesta guía docente.


Segunda Convocatoria:


Para a avaliación na segunda convocatoria, manteranse as cualificacións e as porcentaxes das prácticas de laboratorio, dos informes de prácticas e dos "Exercicios Avaliables".
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000