Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Química: Química I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminarios Destinados a resolución de problemas numéricos e o debate de cuestións e exercicios plantexados
Prácticas de laboratorio Aplicación das técnicas de laboratorio os problemas prácticos relacionados coa materia.
Determinación da constante de acidez dun ácido débil por medidas potenciométricas: equilibrio químico, constante de equilibrio, constante de acidez, pH, medida do pH.
Delimitación da velocidade de reacción mediante unha técnica espectrofotométrica: ecuación de velocidade, método de illamento, efecto da temperatura.
Sesión maxistral Clases teóricas impartidas mediante presentacións en power point (a disposición dos alumnos na plataforma TEMA). Nestas clases introduciranse os contidos básicos, que serán desenrolados posteriormente nos seminarios. Asimesmo, farase énfasis nas cuestións de maior importancia ou dificultade.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Despois de cada tema o alumno deberá demostrar os coñecementos acadados resolvendo nos seminarios de forma autónoma un ou dous exercicios dunha serie de exercicios propostos previamente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000