Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Física: Física I
   Contidos
Tema Subtema
1. Cinemática da partícula. 1.1. O vector de posición e a traxectoria. Velocidade, celeridade e aceleración medias e instantáneas.
1.2. Compoñentes rectangulares da aceleración. Compoñentes intrínsecas da aceleración (normal e tanxencial) e a súa interpretación xeométrica
1.3. Movemento da partícula no espazo. Análise dos tipos de movementos.
1.4. Cambio de sistema de referencia; o movemento relativo. Traslación e rotación dos eixos de referencia. Velocidade e aceleración de arrastre e relativas.
2. Dinámica newtoniana dunha partícula e dos sistemas de partículas. 2.1. Introdución: a dinámica como parte da física.
2.2. Dinámica do punto. Definicións: partícula libre, sistema de referencia inercial. Principios da dinámica ou leis de Newton.
2.3. Primeiro principio ou lei da inercia. Sistemas de referencia inerciais. Transformacións de Galileo. Masa inercial. Momento lineal. Impulso mecánico.
2.4. Segunda lei de Newton. Conceptos dinámicos de forza e masa. Dimensións e unidades da forza. Peso e masa gravitacional. Teorema de conservación do momento lineal. Lex quarta ou principio de superposición.
2.5. Lei de acción e reacción.
2.6. Clasificación das forzas: instantáneas e continuas; constantes e variables. Forzas de rozamento.
2.7. Sistemas non inerciais; aceleracións de inercia e «forzas» de inercia.
2.8. Momento angular e a súa conservación. Forzas centrais.
2.9. Dinámica do movemento circular.
2.10. Dinámica dos sistemas de partículas: tipos de sistemas; forzas interiores e exteriores. A segunda lei de Newton para un sistema de partículas; principio de conservación do momento lineal para un sistema de partículas; aplicacións. Impulso dun sistema de partículas. Teorema do impulso.
2.11. Centro de masas dun sistema de partículas. Movemento do centro de masas.
2.12. Momento angular dun sistema de partículas. A conservación do momento angular para un sistema de partículas.
3. Campos. 3.1. Introdución e concepto de campo. Tipos de campos.
3.2. Campos escalares. Superficie isoescalar. Gradiente dun campo escalar. Interpretación física do gradiente.
3.3. Campos vectoriais. Liñas de campo.
3.4. Circulación dun campo vectorial: concepto de potencial. Campo conservativo e función potencial. Arbitrariedade da orixe do potencial.
3.5. Fluxo e diverxencia dun campo vectorial. Teorema de Gauss. Mananciais, sumidoiros e campos solenoidais.
3.6. Rotacional dun campo vectorial. Teorema de Stokes. Campos irrotacionais.

4. Trabaxo e enerxía 4.1. As distintas formas de enerxía. Definicións de traballo, potencia e enerxía.
4.2. Enerxía mecánica, cinética e potencial. Teorema das forzas vivas. Conservación da enerxía mecánica.
4.3. Enerxía mecánica e potencial dun sistema de partículas.
4.4. Enerxía cinética de rotación.
4.5. Enerxía potencial gravitacional.

5. Movemento harmónico simple. 5.1. O movemento harmónico simple. Cinemática do oscilador harmónico; a súa representación mediante vectores rotantes. A ecuación dinámica do oscilador harmónico e a súa interpretación física. Enerxía dun oscilador harmónico.
5.2. O péndulo simple.
5.3. Noción de oscilador forzado: resposta en frecuencia e resonancia.
5.4. Análise de Fourier do movemento periódico.
6. A Terra como sistema de referencia; movementos da Terra e a Lúa. 6.1. Os movementos da Terra no espazo. As estaciones. As fases da Lúa.
6.2. Dimensións e coordenadas terrestres.
6.3. O sistema de referencia local como sistema en rotación. Aceleracións de inercia.
6.4. A aceleración de Coriolis.
6.5. A aceleración centrífuga e a aceleración terrestre. O xeopotencial.
6.6. Teoría newtoniana do equilibrio das mareas, o elipsoide mareal.
7. Elementos do campo gravitatorio; aplicación á Terra. 7.1. Lei de Newton da gravitación universal.
7.2. O campo gravitatorio como forza central.
7.3. Campo e potencial gravitatorio terrestres. A aceleración gravitatoria local.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000