Guia docente 2015_16
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Tecnoloxía de materiais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Realizarase un exame escrito que constará de varias cuestións curtas. Os resultados de aprendizaxe son: comprensión dos conceptos fundamentais de enlace, estrutura e microestrutura dos distintos tipos de materiais, a comprensión da relación entre a microestrutura do material e o seu comportamento, coñecer as técnicas básicas de caracterización estrutural dos materiais, e adquirir habilidade no manexo de diagramas e gráficos. 35 C11
D1
D7
Informes/memorias de prácticas Cada práctica de laboratorio xerará un informe que deberán redactar os alumnos de forma individual. Os resultados de aprendizaxe son: comprender as bases do comportamento mecánico dos materiais metálicos, cerámicos, plásticos e compostos, coñecer as técnicas básicas de caracterización estrutural dos materiais, adquirir a habilidade no manexo de diagramas e gráficos, capacidade de aplicar normas de ensaio de materiais, e adquirir a habilidade na realización de ensaios. 20 C11
D4
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Será un exame escrito que consistirá na resolución de varios problemas. Os resultados de aprendizaxe son: comprensión dos conceptos fundamentais de enlace, estrutura e microestrutura dos distintos tipos de materiais, a comprensión da relación entre a microestrutura do material e o seu comportamento, coñecer as técnicas básicas de caracterización estrutural dos materiais, e adquirir habilidade no manexo de diagramas e gráficos. 45 C11
D7
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os datos correspondentes a horarios, aulas e datas de exames serán comunicados pola Dirección unha vez sexan aprobados pola Xunta de Escola.

No exame da convocatoria ordinaria (Decembro), para aprobar será necesario acadar como mínimo o 40% sobre a nota do exame. No caso de non superar esa nota mínima, a nota que aparecerá na acta será a da avaliación continua.

No exame da convocatoria extraordinaria de Xullo non se terá en conta a avaliación continua, o exame estará valorado sobre 10 puntos.

Calendario de exames:

- Convocatoria Fin de Carreira: 12:00 – 09/10/2015

- Convocatoria ordinaria 1º período: 10:00 – 21/12/2015

- Convocatoria extraordinaria Xullo: 10:00 – 22/06/2016

Esta información pódese verificar/consultar de forma actualizada na páxina
web do centro:

http://etseminas.webs.uvigo.es/cms/index.php?id=181

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000