Guia docente 2015_16
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Tecnoloxía de materiais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Resolución de problemas e/ou exercicios Formulación de problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios de forma autónoma.
Traballos de aula O estudante desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión do profesor.
Seminarios Resolución de exercicios máis complexos en base ós contidos teóricos presentados na aula
Titoría en grupo Apoio en pequenos grupos na resolución de exercicios, dende o plantexamente inicial ata a resolución final
Saídas de estudo/prácticas de campo Visitas a empresas do sector dos materiais ou asistencia a conferencias de profesionais
Prácticas de laboratorio Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense en laboratorios dotados co equipamento necesario.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000