Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral
 Materias
  Relacións Transfronterizas no Marco da Unión Europea. Introdución ao Dereito Social Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Valorarase a asistencia do alumno, así como, de maneira especial, a participación activa nas sesións, materializada no plantexamento de dúbidas ou cuestións relacionadas coa temática obxecto de estudo.
Resultado de aprendizaxe: coñecer, comprender, interpretar e analizar criticamente a libre circulación dos traballadores e os problemas trasfronteirizos e as principais institucións e fontes do Dereito do Traballo e da Seguridade Social portugueses.
25 A2
A3
A4
A5
B2
B4
C1
C12
C16
Estudo de casos Ao longo do período docente o alumno realizará catro exercicios
prácticos relativos aos contidos da materia.
Resultado de aprendizaxe:
coñecer, comprender, interpretar e analizar criticamente a libre circulación dos traballadores e os problemas trasfronteirizos e as principais institucións e fontes do Dereito do Traballo e da Seguridade Social portugueses.
25 A2
A3
A4
A5
B2
B4
C1
C16
Exame de preguntas obxectivas Proba temas 1-3 para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas de elección múltiple. Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. Resultados de aprendizaxe: coñecer, comprender, interpretar e analizar criticamente a libre circulación dos traballadores e os problemas trasfronterizos. 25 B1
B5
C1
C16
Exame de preguntas obxectivas Proba temas 4-6 para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas de elección múltiple. Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. Resultados de aprendizaxe: coñecer, comprender, interpretar e analizar criticamente as principais institucións e fontes do Dereito do Traballo e da Seguridade Social portugueses. 25 B1
B5
C1
C16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os exames de cada convocatoria terán lugar nas datas e horas indicadas no calendario oficial, debidamente publicado, aprobado pola Comisión Académica do Máster en Xestión e Dirección Laboral para o presente curso. 

1ª EDICIÓN DE ACTAS:
Os/as alumnos poderán optar por un dos seguintes sistemas de avaliación: 
a) Avaliación continua. Para someterse ao sistema de avaliación continua, o/a alumno/a deberá acreditar a asistencia a un 80% das sesións presenciais. 
A efectos de avaliación continua, consideraranse os aspectos seguintes: 
- Asistencia e participación activa do alumno nas sesións: 25%. 
- Exercicios prácticos: 25%.
- Probas tipo test: 50% (25%+25%).
As tarefas e probas de avaliación serán realizadas ao longo do correspondente período de docencia. A suxexión ao sistema de avaliación continua, mediante a realización das tarefas e probas escritas sinaladas, EXCLÚE A POSIBILIDADE DE SOMETERSE AO SISTEMA DE AVALIACIÓN FINAL, salvo que a/o estudante comunique á persoa que coordina a materia a súa renuncia ao sistema de avaliación continua se desexa optar polo sistema de avaliación final. 
b)Avaliación final. Aqueles alumnos/as que non se acollan ao sistema de avaliación continua ou renuncien ao mesmo, serán avaliados mediante un exame final consistente nunha proba escrita, relativa a todos os contidos, teóricos e prácticos, da materia. Dito exame representará o 100% da nota final. 
2ª EDICIÓN DE ACTAS (xuño/xullo):
Poderán acudir á oportunidade de xullo os alumnos/as que, téndose sometido ao sistema de avaliación continua ou ao sistema de avaliación final, non superaran a materia na primeira convocatoria, así como quen non se presentara.
De ter optado polo sistema de avaliación continua, as notas acadadas na mesma conservaránse para a convocatoria de xuño/xullo. Agora ben, se o alumno non supera a materia nesta última convocatoria, as citadas notas de avaliación continua non se conservarán, debendo, pois, ben someterse a un novo proceso de avaliación continua, ben optar polo sistema de avaliación final.
OUTRAS INDICACIÓNS:
O exame final terá lugar, nas distintas convocatorias, na data, horario e lugar especificados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica para o presente curso académico.
As cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da materia e ao estudantado matriculado.
De ser necesario, por motivos excepcionais, modificar ou precisar os métodos de avaliación sinalados na guía, tales modificacións ou precisións publicaranse no mesmo soporte telemático.
En todos os casos, as probas realizadas permitirán avaliar o resultado de aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000