Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral
 Materias
  Seguridade Social Complementaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a asistencia a clase e a participación activa dos estudantes: dúbidas, opinións e comentarios. 25
Estudo de casos/análises de situacións Realizaranse dúas prácticas en relación cos contidos teórico-prácticos da materia. A cualificación de cada un deles será dun 25 por 100 da nota total. 50
Probas de tipo test Durante o cuatrimestre se realizará unha proba tipo test na que serán avaliados os coñecementos da materia. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONVOCATORIA 1ª - Febreiro 2013 (Sistema de avaliación continua/Sistema de avaliación final)


a) Avaliación continua.  Para someterse ao sistema de avaliación continua, o alumnado deberá acreditar a asistencia a un 80 %  das sesións presenciais. En caso contrario, deberá someterse ao sistema de avaliación final.


b) Avaliación final. Aqueles/as alumnos/as que non se acollan ao sistema de avaliación continua, serán avaliados mediante un exame final consistente nunha proba escrita, relativa a tódolos contidos, teóricos e prácticos, da materia. Dito exame representará o 100% da nota final.


CONVOCATORIA 2ª- Xullo 2013


Se o alumno non superase a materia na convocatoria de febreiro, as notas obtidas na avaliación continua conservaránse para a convocatoria de xullo. Agora ben, se o alumno non supera a materia nesta última convocatoria, as citadas notas de avaliación continua non se conservarán, debendo pois, ben someterse a un novo proceso de avaliación continua, ben optar polo sistema de avaliación final.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000