Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social
 Materias
  Procedementos Civís e Protección de Menores. Xurisdición Voluntaria e Contenciosa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Valórase a asistencia ás sesións maxistrais e a participación do alumno/a nos debates que se susciten na aula.
40 B1
B2
B3
B5
B6
B10
C6
C7
Estudo de casos Valórase a preparación por parte do alumno/a dos casos presentados polo profesor/a e a súa participación nos debates que sobre eles se susciten na aula 30 A2
A3
B1
B2
B3
B5
B6
C1
C2
C3
Exame de preguntas obxectivas Probas para a avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta. O alumnado selecciona unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 30 B3
B5
B6
C3
C6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) ALUMNADO SISTEMA DE AVALIACIÓN
CONTINUA:

1º Para que o alumno/a sexa avaliado polo
sistema de avaliación continua deberá asistir, como mínimo, ao 75% das sesións
da materia. O alumno/a que puntualmente por motivos imprevisibles e debidamente
xustificados non poida completar esta porcentaxe de asistencia, deberá comunicalo
por escrito ao respectivo/a coordinador/a da materia, e este/a valorará se a
puntual falta de asistencia pode ser suplida polos métodos de avaliación que se
lle indiquen.

 2º Pola asistencia a clase o alumno/a
poderá obter ata un 40% da cualificación final. O 60% restante da cualificación
final resultará da avaliación dos traballos ou actividades establecidas polo
profesorado baixo supervisión do Coordinador/a da materia; en concreto, un 30% do estudio de casos e un 30% do exame de preguntas obxectivas.

 3º Na convocatoria extraordinaria, o
alumno/a deberá entregar os traballos ou actividades esixidas na materia ao longo
do curso e, ademais, terá que presentarse a unha proba final, teórica e/ou
práctica que lle indicará o coordinador/a da materia.

 

B) ALUMNADO SISTEMA DE AVALIACIÓN NON
CONTINUA:

O alumno/a que non asista ao mínimo
do 75% das sesións da materia e que, no seu caso, non xustifique debidamente a
falta de asistencia puntual e imprevisible, poderá obter o 100% da cualificación
realizando unha proba final de avaliación, teórica e/ou práctica, que lle
indicará o coordinador/a da materia, na convocatoria ordinaria e/ou
extraordinaria fixada ao efecto, ademais de entregar os traballos ou
actividades esixidas na materia ao longo do curso, se así llo indicara o coordinador/a
da materia.

 

C) PROBAS DE AVALIACIÓN:

As datas e horarios das probas de avaliación
especifícanse no calendario que para o curso aprobe ao efecto a Comisión Académica
do Máster, que se publican na páxina web do título.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000