Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Macroeconomía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo Ao longo do cuadrimestre realizarase un traballo/proxecto de forma individual sobre un tema relacionado cos contidos da práctica realizada na aula informática. PARA QUE O TRABALLO SEXA AVALIADO debe cumprir estritamente as instrucións que se entreguen e debe conter todos os apartados/exercicios esixidos. 30 A2
A3
A4
Exame de preguntas obxectivas Haberá unha primeira avaliación dos contidos teóricos e prácticos na metade do cuadrimestre. Será un exame dos temas 1, 2 e 3; e valerá o 30% da nota final da materia.
En caso de non obter 5 puntos sobre 10, deberá repetirse o final do cuadrimestre na data oficial da convocatoria ordinaria.
30
Exame de preguntas de desenvolvemento Haberá un segundo exame que se realizará na data establecida no calendario de exámes oficial do centro, no que se avaliarán os contidos restantes da materia (temas 4, 5, 6 e 7) Este examen valerá o 40% da nota final da materia. 40 A2
A3
A4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Poderase optar ao método de avaliación continua ou, alternativamente, ser avaliado polo 100% da nota máxima nunha avaliación final na data oficial establecida no calendario do centro. Por defecto considérase que todos os estudantes serán avaliados polo método de avaliación continua. Aqueles que desexen renunciar á avaliación continua deberán comunicalo á coordinadora da materia mediante correo electrónico antes do 16 de febreiro de 2024.

AVALIACIÓN CONTINUA. A nota final da materia constará de:

1.- DOUS EXAMES PARCIAIS (TOTAL 7 puntos). 

O primeiro deles incluirá os temas do 1, 2 e 3; realizarase a metade do cuadrimestre (data pendente de determinar) e nesta primeira proba deberá obterse polo menos unha nota de 5 puntos sobre 10 para superar esta parte da materia. 

O segundo exame incluirá o resto do temario e realizarase na data oficial da convocatoria ordinaria. Ese mesmo día, aqueles alumnos  que non obtivesen 5 puntos sobre 10 no primeiro exame parcial deberán examinarse novamente desa parte do programa. Será un exame á parte, que se realizará ao finalizar o anterior. 

2.-ENTREGA DUN TRABALLO (3 puntos) análises de datos macroeconómicos mundiais e proxecto de investigación dun caso concreto a elixir.

PARA PODER APROBAR A MATERIA EN AVALIACIÓN CONTINUA  É NECESARIO:

- ENTREGAR O TRABALLO DE ANÁLISE DE  DATOS, debe cumprir estritamente as instrucións que se establezan e debe conter todos os apartados e exercicios esixidos.

- PARA TODOS OS ALUMNOS A NOTA MEDIA DAS PARTES I e II QUE COMPOÑEN OS  EXAMES DEBE SER COMO MÍNIMO DE 5 SOBRE 10 NA CONVOCATORIA ORDINARIA. Os alumnos que suspendan o primeiro parcial e obteñan unha nota entre un 4,5 e un 5 nalgunha das partes que se examinen no exame de maio, poderán aprobar a materia a condición de que a nota media dos dous exames (o dos temas 1, 2 e 3; e o exame dos temas 4, 5 , 6 e 7) sexa polo menos de 5.  

Na convocatoria extraordinaria mantéñense os criterios da avaliación continua. Por tanto, o exame valerá un máximo de 7 puntos.

_____________________________________________________________________

ALUMNOS QUE NON SE ACOLLAN A AVALIACIÓN CONTINUA.  CONDICIONS NECESARIAS PARA APROBAR:

- Realizar un exame final de todos os temas do programa. O exame realizarase en dúas partes PARTE I: temas 1-3; e PARTE II: resto de temas.  (Cada una das partes evaluarase sobre 10 e deberá obteerse un mínimo de 4 puntos en cada una delas para aprobar a materia)  VALERÁ 8 PUNTOS DA NOTA FINAL  

- O DÍA DO EXAME, tanto en convocatoria ordinaria como extraordinaria, deberán entregar en formato impreso un traballo sobre a evolución do crecemento económico dos países da eurozona nos últimos anos. O traballo incluirá un estudo detallado dun dos países (a elixir polo estudante) no que se analizará a contribución á súa taxa media de crecemento do compoñente da produtividade e do compoñente do emprego, e un estudo do estado e a evolución dos determinantes básicos da produtividade estudados no tema 4: capital físico, capital humano e  do I+D +i. ESTE TRABALLO VALERÁ 2 PUNTOS DA NOTA FINAL

_________________________________________________________________________

Na convocatoria de Fin de carreira realizarase un exame que suporá o 100% da avaliación.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000