Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito financeiro e tributario I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe-servizo Realización de actividades que permiten a cooperación de varias materias e enfrontan aos alumnos/as, traballando en equipo, a problemas abertos. Permiten adestrar, entre outras, as capacidades de aprendizaxe en cooperación, de liderado, de organización, de comunicación e de fortalecemento das relacións persoais. Aquellos alumnos que realicen una actividad de aprendizaje y servicio serán evaluados en el porcentaje del 20 de observación sistemática A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C18
C19
D1
D3
D4
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba final que consta de dúas partes: unha práctica escrita (na que o estudante deberá demostrar a adquisición das competencias
esenciais da materia) e unha teórica oral (na que se formularán diferentes preguntas sobre o programa de estudos da materia).
Para aqueles estudantes que se someten ao sistema de avaliación continua, esta proba representará o 70% da súa cualificación final. Para aqueles estudantes que NON se sometan á avaliación continua, a súa cualificación estará composta polo 70% da cualificación obtida no exame teórico oral e o 30% da cualificación obtida no exame práctico escrito.
80 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C18
C19
D1
D5
Observación sistemática O profesorado, a través das diferentes actividades que propoña ao alumnado que se someta a avaliación continua (casos prácticos, exposición oral dun tema, presentación escrita dun traballo, tarefa colaborativa na aula, etc.), valorará a participación activa e calidade das intervencións deste tanto nas clases maxistrais como, sobre todo, nos seminarios. A participación activa e de calidade do alumnado que se somete a avaliación continua representará o 10% da súa cualificación final. Tamén se terá en conta a participación dos estudantes nas actividades organizadas pola área de Dereito Financeiro e Tributario. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C18
C19
D1
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O temario que aparece no apartado de contidos constitúe unha versión resumida das leccións que serán obxecto de exame. Oportunamente, ao comezo do cuadrimestre académico, proporcionaráselle ao alumnado un temario máis detallado cos epígrafes que conforman cada lección.


PRIMEIRA OPORTUNIDADE DE EXAME:


1.- Ao comezo do cuadrimestre, a/o alumna/o deberá manifestar a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación continua. A tal fin, os profesores da materia proporcionaranlle un documento que a/o alumna/o deberá cubrir e asinar nun determinado prazo. Este documento será vinculante, de modo que as/os alumnas/os que o asinen NON poderán, con posterioridade e durante ese curso académico, cambiar de sistema de avaliación. Os alumnos de avaliación continua asistirán regularmente a clase.


2.- A/o alumna/o que se acolla ao sistema de avaliación continua, subscribindo o documento sinalado no punto anterior, será avaliado conforme aos criterios que se indicaron máis arriba: proba final (70%), probas de resposta curta (20%) e participación activa e de calidade (10%). Na proba final, o exame de teoría e oral suporá o 80% da cualificación e o práctico, por escrito, suporá un 20%. En todo caso, a/a alumna/deberao conseguir unha nota mínima de 4 sobre 10 na proba final para que se lle teñan en conta as cualificacións obtidas mediante o sistema de avaliación continua. De non conseguir esa nota mínima, a cualificación que se reflectirá na acta será a obtida no exame final. 


3.- As/os alumnas/os que NON se sometan a avaliación continua realizarán unha única proba final na que se avaliarán todas as competencias da materia e que constará de dúas partes: un exame teórico e oral, que suporá o 70% da súa cualificación final; e un exame práctico e escrito (que será diferente ao que realice o alumnado sometido a avaliación continua), o cal suporá o 30% da súa nota final. 


4.- A proba de avaliación final, tanto para estudantes de avaliación continua como non continua, realizarase na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado a tal efecto pola Xunta de Facultade para o curso 2021/2022.


5.- ADVERTENCIA para todo o alumnado (con o ou sin avaliación continua): O estudante que concorra a unha sola das probas do exame final (proba oral e teórica ou proba escita e práctica) ou a ambas probas cunha participación pouco significativa, será calificado como Non presentado.



SEGUNDA OPORTUNIDADE DE EXAME:


 
1.- No exame de xuño/xullo só se realizará unha proba final, que constará de dúas partes: unha práctica escrita (na que se resolverán un ou varios casos prácticos) e unha teórica oral (na que se formularán distintas preguntas sobre o temario da materia). 


 2.- As/os alumnas/os que se someteron ao sistema de avaliación continua conservarán a nota que obtiveron no curso e que representará o 30% da súa cualificación total (20% de probas de resposta curta e 10% de participación activa e de calidade). O 70% da nota restante procederá da mencionada proba final. En devandita proba final, o exame de teoría e oral suporá o 80% da nota e o práctico, por escrito, suporá un 20%. En todo caso, a/o alumna/o deberá conseguir unha nota mínima de 4 sobre 10 nesa proba final para que se lle teñan en conta as cualificacións obtidas mediante o sistema de avaliación continua. De non conseguir dita nota mínima, a cualificación que se reflectirá na acta será a obtida no exame final. 


3.- Para as/os alumnas/os que NON se sometan a avaliación continua a súa cualificación estará integrada polo 70% da cualificación obtida no exame teórico oral e o 30% da cualificación obtida no exame práctico escrito. En ambas as probas avaliaranse todas as competencias da materia. A proba práctica escrita será diferente á que realice o alumnado sometido a avaliación continua. 


4.- A proba de avaliación final, tanto para estudantes de avaliación continua como non continua, realizarase na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado a tal efecto pola Xunta de Facultade para o curso 2021/2022.


5.- ADVERTENCIA para todo o alumnado (con o ou sin avaliación continua): O estudante que concorra a unha sola das probas do exame final (proba oral e teórica ou proba escita e práctica) ou a ambas probas cunha participación pouco significativa, será calificado como Non presentado.


6.- Os estudantes que se someteron ao sistema de avaliación continua e non superaron a proba final nin na
primeira oportunidade de exame, nin na segunda, a nota obtida a través deste sistema pode manterse no curso académico seguinte (2022-2023).



ADVERTENCIA ESPECÍFICA PARA OS/AS ALUMNOS/AS QUE CONCORRAN Á CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA: O exame da Convocatoria de Fin de Carreira será unha proba escrita con dúas partes, teórica e práctica, cuxa cualificación conformará o 100% da nota final e avaliará todas as competencias da materia. Dita nota estará integrada polo 70% da cualificación obtida no exame teórico e o 30% da cualificación obtida no exame práctico. No exame de Fin de Carreira non se terá en conta a nota de avaliación continua que o alumnado, no seu caso, obtivese no curso académico anterior. O exame de Fin de Carreira terá lugar na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado para ese efecto pola Xunta de Facultade para o curso académico 2021-2022.



ADVERTENCIA ESPECÍFICA PARA AS/OS ALUMNAS/OS QUE SOLICITEN EXAMINARSE POLO TRIBUNAL (SÓ PARA OS ESTUDANTES QUE SE ATOPEN EN 4ª MATRÍCULA E SEGUINTES): O exame constará de dúas partes (práctica e teórica) e será exclusivamente escrito. As datas e horas das diferentes oportunidades de exame son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2021/22.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000