Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Economía: Principios de economía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Primeira proba de avaliación continua sobre os contidos teóricos e prácticos impartidos até ese momento. 30 A2
A3
A4
C11
C12
D1
D3
Exame de preguntas obxectivas Segunda proba de avaliación continua sobre os contidos teóricos e prácticos impartidos até ese momento. 30 A2
A3
A4
C11
C12
D1
D3
Exame de preguntas obxectivas Terceira proba de avaliación continua sobre toda a materia impartida ao longo do curso. 40 A2
A3
A4
C11
C12
D1
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A forma xeral de avaliación será a especificada anteriormente: tres probas de avaliación continua cunha ponderación do 30%, 30% e 40%, respectivamente. A última proba de avaliación continua realizarase na mesma data que a primeira oportunidade da proba de avaliación global.

Se un alumno/a NON se presenta a algunha das dúas primeiras probas de avaliación continua, NON poderá optar á avaliación final por avaliación continua, polo que deberá presentarse á proba de avaliación global para poder superar a materia.

A proba de avaliación global para aqueles que renuncian á avaliación continua diferirá da proba que o mesmo día realicen os estudantes con avaliación continua.

Na convocatoria de fin de carreira a avaliación farase unicamente cunha proba de avaliación global.

As datas e horas das probas finais correspondentes ás convocatorias de primeira e segunda oportunidade serán as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023-2024.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000