| 
			            	 Sinale A 
                      	 | 
            Código | 
			            	Resultados de Formación e Aprendizaxe | 
                        
		 
      
         
			| 
			            	 Sinale B 
                      	 | 
            Código | 
			            	Coñecementos | 
                        
		 
       
           
             |   |     
			            	B1  | 
                         CON-01 Recoñecer na elaboración de documentos procesuais, nos interrogatorios e nas probas periciais, as técnicas dirixidas á investigación e o establecemento dos feitos nos diferentes tipos de procedemento.               | 
			 
    	  
           
             |   |     
			            	B2  | 
                         CON-02  Describir detalladamente as distintas técnicas de composición de intereses.              | 
			 
    	  
           
             |   |     
			            	B3  | 
                         CON-03 Identificar as distintas responsabilidades vinculadas ao exercicio da actividade profesional, incluíndo o funcionamento básico da asistencia xurídica gratuíta e a promoción da responsabilidade social da persoa que exerce a avogacía ou a procura.              | 
			 
    	  
           
             |   |     
			            	B4  | 
                         CON-04  Recoñecer as situacións de conflito de intereses que poden producirse na práctica profesional.              | 
			 
    	  
           
             |   |     
			            	B5  | 
                         CON-05  Identificar as técnicas de resolución de conflitos máis pertinentes en cada situación e contexto.               | 
			 
    	  
           
             |   |     
			            	B6  | 
                         CON-06   Formular os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico e representación procesual.             | 
			 
    	  
           
             |   |     
			            	B7  | 
                         CON-07  Determinar a instancia administrativa ou xurisdicional e a acción ou actuación procedentes para a defensa dos dereitos dos clientes.               | 
			 
    	  
           
             |   |     
			            	B8  | 
                         CON-08	Recoñecer o instrumento xurídico procedente para representar aos interesados ante terceiros, ante as administracións públicas e ante os órganos xurisdicionais.               | 
			 
    	  
           
             |   |     
			            	B9  | 
                         CON-09	Identificar os actos xurídicos que requiran, para a súa eficacia, da intervención notarial e os que necesitan inscrición rexistral.               | 
			 
    	 
         
			| 
			            	 Sinale C 
                      	 | 
            Código | 
			            	Habilidades | 
                        
		 
       
           
             |   |     
			            	C1  | 
                         HAB-01	Aplicar correcta e adecuadamente os coñecementos especializados adquiridos no grao no exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas, así como nas funcións de asesoramento respectando os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.              | 
			 
    	  
           
             |   |     
			            	C2  | 
                         HAB-02	Empregar convenientemente os métodos alternativos á vía xurisdicional para a resolución de conflitos xurídicos.               | 
			 
    	  
           
             |   |     
			            	C3  | 
                         HAB-03	Realizar eficaz e correctamente os actos de comunicación das partes no proceso.              | 
			 
    	  
           
             |   |     
			            	C4  | 
                         HAB-04	Diferenciar, de forma clara e precisa, os intereses privados que representan aos/as profesionais do Dereito dos de carácter público, cuxa execución a lei e os tribunais encoméndanlle, para unha colaboración eficaz cos tribunais na execución das resolucións xudiciais.               | 
			 
    	  
           
             |   |     
			            	C5  | 
                         HAB-05	Aplicar as técnicas de resolución de conflitos máis pertinentes a cada situación e contexto, establecer o alcance do segredo profesional e preservar a independencia de criterio.               | 
			 
    	  
           
             |   |     
			            	C6  | 
                         HAB-06	Utilizar os procedementos, protocolos, sistemas e aplicacións xudiciais, que requiran os actos de comunicación e cooperación coa Administración de Xustiza con especial atención aos de natureza electrónica, informática e telemática.              | 
			 
    	  
           
             |   |     
			            	C7  | 
                         HAB-07	Confeccionar técnicas de traballo en equipo dirixidas a lograr unha maior eficiencia mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, a xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas.              | 
			 
    	  
           
             |   |     
			            	C8  | 
                         HAB-08	Planificar a estrutura organizativa do despacho profesional en función dos recursos humanos que o integran e do tipo de clientes ao que se dirixa.               | 
			 
    	  
           
             |   |     
			            	C9  | 
                         HAB-09	Desenvolver traballos profesionais en equipos especializados e interdisciplinares.              | 
			 
    	 
         
			| 
			            	 Sinale D 
                      	 | 
            Código | 
			            	Competencias | 
                        
		 
       
           
             |   |     
			            	D1  | 
                         COMP-01	Coñecer e utilizar de forma axustada o dereito á defensa e a postulación procesual dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicionais nacionais e internacionais.               | 
			 
    	  
           
             |   |     
			            	D2  | 
                         COMP-02	  Coñecer e utilizar adecuadamente as técnicas procesuais na execución dos actos que teñen lugar nas distintas ordes xurisdicionais, con especial atención aos prazos, actas de comunicación, execución e vías de constrinximento.             | 
			 
    	  
           
             |   |     
			            	D3  | 
                         COMP-03	Incorporar os dereitos e deberes deontolóxicos da persoa que exerce a avogacía ou a procura nas relacións con clientes, outras partes, tribunais, autoridades e outros profesionais.               | 
			 
    	  
           
             |   |     
			            	D4  | 
                         COMP-04	Coñecer e aplicar as técnicas máis pertinentes en cada caso dirixidas á identificación e liquidación de dereitos arancelarios, obrigacións tributarias, de constitución de depósitos xudiciais e de atención de cuantos gastos e costas sexan necesarios para garantir a tutela xudicial efectiva dos dereitos das súas persoas representadas.               | 
			 
    	  
           
             |   |     
			            	D5  | 
                         COMP-05	Crear a estrutura organizativa do despacho profesional en función dos recursos humanos que o integran e do tipo de clientes aos que se dirixe, e establecer un protocolo de xestión económica e fiscal para o despacho profesional, de compliance e de protección de riscos laborais e de datos de índole persoal.               | 
			 
    	  
           
             |   |     
			            	D6  | 
                         COMP-06	 Expresarse oralmente e por escrito, de forma adecuada ao contexto e ás necesidades ou características especiais de cada destinatario/a, e extraer das feitos consecuencias xurídicas de forma argumentada, en todos os ámbitos procedementais.              | 
			 
    	  
           
             |   |     
			            	D7  | 
                         COMP-07	Interactuar de forma apropiada cos/as cidadáns/as, institucións e outras persoas profesionais.               | 
			 
    	 
 
 
 
  
  
    | Universidade de Vigo
          
| 
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000
 | 
   
 
      |